Mércores. 19.06.2019
El tiempo

A Previa: David Velo, adestrador do Castriz, analiza a xornada

A Previa: David Velo, adestrador do Castriz, analiza a xornada
Falamos con David Velo, o adestrador do Castriz, sobre a xornada que se aveciña e sobre as súas impresións sobre o seu equipo e o resto da categoría. O xoven director de orquesta xa ten unha traxectoria ás súas espaldas. Como xogador percorreu innumerables equipos e como adestrador o Ponteceso, o Soneira como axudante de Manolito primeiro e despois como máximo responsable, e o Bergantiños xuvenil xa coñecen do seu traballo. Coméntanos que "estou moi contento en Castriz, a xente estame respondendo moi ben a nivel adestramentos e o club dame todas as facilidades" Despois da experiencia do ano pasado no Bergantiños de Liga Galega xuvenil, dinos que ó aceptar a oferta do CAstriz busca "axudar a un club co que me sinto identificado, eu estou casado en Castriz, conozo a todo o mundo, ó presidente fai moitos anos, pedíronme axuda e non me puiden negar. Realmente non quería adestrar este ano, pero unha vez que estou dentro do proxecto estou volcado en conseguir o obxetivo de ascender" O seu traballo de xefe de ventas de AUTOMÓVILES DIMOLK non lle deixa moito tempo para o fútbol, pero faise o que se pode. Comparten campo cun club de Preferente, o Xallas, " e a relación entre ambos clubs é moi boa. Adaptámonos uns os outros, os adestradores intercambiamos opinións e comentarios e temos bo feeling entre ambos equipos" Sobre a xornada, estes foron os seus comentarios: SD LAXE - UD CORCUBIÓN: partido que se prevee igualado. Adrián Lema é un xogador desequilibrante se o Laxe pode contar con el.  CABANA SD - SP. SEAIA: o Cabana anda ben, con xente xoven, os irmáns Mato ou Cachadiña, con un bo porteiro como Darío e atrás con seguridade, son uns dos candidatos ó ascenso. O Seaia sorpréndeme que esté tan abaixo, ten bos xogadores como Mara, Uru ou Juni pero non da arrancado. AS BALEAS FS - OUTES CF: As Baleas melloraron bastante dende o inicio, ten xogadores xóvenes moi solidarios e comprometidos e poden poñer en dificultades ó Outes. O Outes está en reconstrución pero o bo traballo que fan na canteira sempre lles da xogadores con amor ás cores e que é un equipo que creo que vai a ir hacia arriba según pase a liga. Paréceme un equipo moi ben traballado. CD NANTÓN - CAMARIÑAS FC: O Nantón é un equipo moi perigoso, que creo que con un pouco de fondo físico poñerían en problemas a calquera. Ten bos homes no centro do campo e un bo porteiro, e na súa casa son moi complicados, apretan moito. O Camariñas é unha incognita, con moita xente xoven, con Moriño de xefe de máquinas como sempre. SD CORISTANCO - CF CASTRELO: O Castrelo empezou moi ben e é un equipo difícil de vencer, pero o Coristanco é un equipazo. Ten boa xente en todas as liñas, un gran porteiro, bos dianteiros e un centro do campo moi competitivo. Para min é o claro favorito ó ascenso. CAMELLE SD - SD CASTRIZ: Non nos favorece nada o campo de herba natural. Os nosos xogadores gustalles tocar, conducir balón, e no Rodeiro imos ter que adaptarnos. Non temos xente moi alta para o balón directo e teremos que buscar outras solucións. O Camelle na súa casa é un rival moi complicado. Estas imaxes de fai 6 anos volveránse a repetir esta fin de semana Polo demais, na Preferente Norte xornada vital para os nosos equipos, que reciben como locais a dous rivais directos: o Xallas ó San Tirso e o Sofán ó Foz. Deben sumar os puntos para escalar postos na clasificación. Na 1ª Galicia, despois da intensa xornada de derbis, temos compromisos importantes esta semana. A Esteirana, coa imperiosa necesidade de puntos, e coa afección volcada co equipo a pesar dos resultados, recibe ó Piloño nun partido que debe servir para o inicio da escalada. O Fisterra xoga o partidazo da xornada, contra o líder Sigüeiro. Ponse a proba as verdadeiras opcións dos verdes, que veñen dunha dura derrota pero que teñen ganas de demostrar do que son capaces. Un Baio en alza xoga o outro partidazo, en Padrón ante o favorito Flavia. É unha proba de fogo para os de Pablo, que están en gran forma e non se descartan de aspirar a todo. O Soneira recibe ó Esclavitud tamén buscando puntos que den respiro por Vimianzo, e o Dumbría viaxa a Tordoia a verse as caras co sorprendente equipo local, nun partido que pode marcar unha tendencia á alza dos de Julián. E na Liga da Costa, vaia derbi nos espera en Muros o domingo. CD Muros e UD Monte Louro vense as caras nun encontro de urxencias, con ambos equipos moi igualados na zona baixa da clasificación e necesitados de puntos como do comer. Haberá ambientazo no Eleuterio Balayo e seguro que será un partido para recordar. Temos outro derbi na Pedra Queimada, un clásico Malpica - Buño, que nesas terras é un dos encontros máis afamados. O Buño estrea o terceiro adestrador da tempada, Tito Pedreira, ante un Malpica que esperaba estar un pouco máis arriba a estas alturas. Os equipos que se xogan o título teñen encontros trampa. O Mazaricos recibe a un Cee en boa racha de xogo, e o Corme visita ó colista Lira, un xigante dormido que pode despertar en calquera momento. O POnteceso visita ó Cerqueda nun derbi de cercanías que será moi interesante e competido, e o Muxía viaxa a Cee para enfrontar ó Ameixenda noutro encontro con connotacións de enfrontamento fraticida. Para completar a xornada, Zas e Baíñas xogan un encontro sempre interesante e de rivalidade, e o Volantes viaxa a Verdillo a tentar levarse os puntos dun dos campos máis complicados da categoría. No fútbol feminino, o Bergantiños enfronta ó Santiso, e As Miúdas viaxan a Noalla para seguir con esa boísima xeira de vitorias e tentar acosar ó Chispa na cabeza da tabla clasificatoria. Sorte a [email protected]¡¡¡ Barbara anotou 6 goles para as Miudas

Comentarios