Martes. 15.10.2019
El tiempo

A Previa: espéranos un carrusel costeiro de infarto

A Previa: espéranos un carrusel costeiro de infarto
A xornada unificada na Liga da Costa prométenos unha tarde de domingo pegados ó movil para ver o carrusel de resultados en www.futboldacosta.com. Coa Esteirana xa campión, a loita ten dúas frontes: a promoción de ascenso e o descenso. Na promoción o Mazaricos quere asegurar a súa plaza ganando en Ponteceso, mentras Corme e Baíñas están á espectativa. A loita por salvar o descenso preséntase a morte. O Coristanco - Camariñas é o partido estrela, con ambos equipos separados por tres puntos. Unha derrota do Camariñas pode significar o descenso matemático do histórico equipo palilleiro. O Outes pola súa parte recibe ó Zas, nun encontro tamén decisivo para eles, no que deben ganar e esperar. De infarto será o Cee - Lira, onde os lirachos salvaranse matemáticamente co empate, e ollo ó Cerqueda - Buño, derbi en Xaviña onde ós locais lles fai falla un punto para estar tranquilos, e ó Buño só lle vale a vitoria. Monte Louro e Malpica xogan un encontro para buscar a tranquilidade e non ter que esperar á última xornada para salvarse. Vaia derbi en Xaviña, loitando pola salvación Temos tamén a final para o ascenso á 2ª Galicia, na Grixa, entre Porteño e Ameixenda, que despois de ver as eliminatorias previas, sen dúbida que nos espera un gran partido de fútbol. E na Copa da Costa, a volta da previa, con Seaia e Corcubión con vantaxe inicial. Na 1ª Galicia o derbi Baio - Soneira pode significar a salvación para o Baio, aínda que un Soneira en gran estado de forma busca agarrarse ás posibilidades que lle quedan de chegar ós postos cabeceiros. De infarto serán os encontros de Fisterra e San Lorenzo. Os fisterráns teñen unha saída moi complicada en Agolada, buscando esos tres necesarios puntos que lle den a definitiva tranquilidade. O San Lorenzo, pola súa parte, xoga un partido definitivo, que de perdelo, significará o case adeus á categoría, pero que de ganalo reavivará as esperanzas, en Tordoia. Todavía colea a sanción ó San Lorenzo por incidentes co público, pola cal o próximo partido como local terao que xogar a porta pechada.  Sofán e Dumbría buscan obxectivos diferentes En Preferente Norte, o partido que centra a atención é o do Conco. Dumbría e Viveiro, con só tres puntos de distancia entre eles, xóganse media tempada. O Dumbría non poderá contar con David Carreira, sancionado, para o que será unha auténtica final para eles. Máis relaxados afrontan o Xallas e o Sofán os seus compromisos. O Xallas tentará botarlle unha man ó Dumbría ganando ó Residencia, e o Sofán ten un auténtico partidazo nas Eiroas contra o Paiosaco, encontro que está a levantar moita expectación na zona.

Comentarios