Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A previa: está chegando o inverno

A previa: está chegando o inverno
O duro inverno costeiro está nas portas. Xa teremos esta fin de semana partidos pasados por auga, frío, e as clásicas incomodidades no noso fútbol. Estamos afeitos, si, pero non deixa de ser duro. Esperemos que os xogadores nos den bos espectáculos cos que pasalo da mellor maneira posible. Tes todos os calendarios en www.futboldacosta.com. O Muxía quere seguir sendo a revelación da Liga da Costa O espectáculo na Preferente Norte pasa por tres campos: Fontenla, As Eiroas e O Conco. En Santa Comba rinde visita o filial do Lugo, oso difícil para un Xallas en reconstrucción. O Sofán na matinal do domingo recibirá ó Betanzos, que ven de golear ó Dumbría e coa moral polas nubes. No Conco, o líder Paiosaco poñerá a proba a súa fortaleza ante un equipo de Diego Lobelos que necesita volver ó nivel do inicio de liga. En 1ª Galicia, partidazos. O San Lorenzo recibe a todo un Flavia, aspirante ó ascenso. O Soneira e o Bertamiráns reeditarán o duelo do ano pasado en Preferente, co equipo local necesitado de volver á senda da vitoria. En Fisterra, día de festa coa volta do ídolo local Noé, esta vez como adestrador do equipo verde. O único que viaxa é o Baio, a Valga para enfrontar ó Cordeiro, equipo asequible que pode ser un bo rival para inicial a remontada. O actual campión de Copa estrea adestrador, o gran Noé Na Liga da Costa, veremos o duelo entre Mazaricos e Puenteceso que cotas alcanza. Os de Mazaricos reciben ó colista engañoso, o Malpica, e o Puenteceso viaxa ó campo trampa do Montelouro. Os perseguidores, Esteirana, Baíñas, Muxía e Corme teñen partidos complicados con Buño, Coristanco, Zas e Cee. Cerqueda e Outes buscan melloría nas súas respectivas xeiras, e Camariñas e Lira escapar do fantasma do descenso. Na 3ª Galicia, co Ameixenda descansando, o flamante líder Volantes de Baño recibe ó correoso Nantón en Muros. O outro conxunto de Muros viaxa a Malpica para intentar superar ó difícil Seaia, e o Cabana visita ó colista Outes B. Laxe - Porteño, e Castriz - Corcubión son partidos igualados, mentras que no Rodeiro o Camelle tentará facer bos os pronósticos ante o Castrelo. Seda da boa en todos os campos¡

Comentarios