Martes. 22.10.2019
El tiempo

A Previa: loita no descenso e a promoción na 2ª

A Previa: loita no descenso e a promoción na 2ª
Só unha data queda na 2ª Galicia, a nosa ben querida Liga da Costa. E a pesar de que o título xa está decidido, e poderemos ver unha gran celebración no Xosé Luis Vara no duelo de veciños Esteirana - Monte Louro, a loita todavía continuará ata o último intre no que ó descenso e á promoción de ascenso se refire. O encontro máis dramático será en Mazaricos, entre o conxunto local e o Coristanco, onde ambos loitarán por obxectivos diferentes. Como o Coristanco atópase en descenso directo o Camariñas, que terá que vencer ó Muxía e esperar un tropezo do Outes. Estos xogan en Baíñas, e o outro partido entre implicados para non baixar será o Buño - Cee, no que unha igualada lle vale ó equipo local para quedar fora de todo perigo, e o Cee debe vencer para non ter ningún tipo de problemas ante un posible cuarto arrastre. O outro candidato á promoción, o Corme, viaxa a Lombáns a enfrontar ó Lira cun ollo posto en Mazaricos. O Cee busca a salvación definitiva en Buño Non menos dramático será o partido final polo ascenso a 2ª en Sampaio de Refoxos. En só 90 minutos Ameixenda e Porteño xóganse un gran éxito ou o quedarse ás portas. A igualada a 1 tanto da ida dalle lixeira vantaxe ós de Manolín, pero haberá que ter ollo cun Porteño que xa demostrou sobradamente esta tempada que é capaz de repoñerse ás adversidades, e na anterior eliminatoria superou ó Cabana a domicilio cun Rachón espectacular. Na Preferente Norte segue a remontada do Dumbría, que desta volta ten unha longa e difícil viaxe a Ribadeo, onde tentará sacar puntos. A SD Sofán viaxa tamén á Mariña lucense, a enfrontar ó Viveiro tentando asegurar a permanencia e de paso botarlle unha man ó Dumbría. O Xallas pola súa parte ten un bonito derbi en Dubra con ambos equipos sin máis aspiración que acabar dignamente a tempada. Imaxe do Porteño-Cabana-Foto-Porteño O Porteño busca o ascenso en Cee Na 1ª Galicia temos citas importantísimas. O derbi San Lorenzo - Baio, que se disputará nas Pedreiras despois de que o comité rectificara a sanción imposta ó San Lorenzo, pode ser o da salvación do Baio de lograr vencer, ante un San Lorenzo que aínda que escasas, tentará apurar as súas posibilidades ata o final. O Fisterra recibe ó poderoso Puebla, que se xoga o ascenso, coa necesidade de vencer e evitar o acoso do Tordoia na plaza de arrastre. En Fisterra mírase tamén moito hacia Dumbría, pois unha posible salvación dos do Conco sería providencial para eles. O Soneira recibe ó líder Agolada, nun partido máis transcendente para os visitantes que para os locais. Unha mención ó fútbol base, pois o sábado a partir das 10 da mañá, no Cunchido disputarase o encontro decisivo para o título infantil entre o Outes e o Cee. Os locais teñen que vencer, mentres que ó Cee lle vale a igualada. Partidazo á vista¡ E non olvidemos, que temos en porta a Copa da Costa. Este martes día 1 de maio, carrusel costeiro coa eliminatoria de 16º de final en www.futboldacosta.com.  

Comentarios