Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A previa: o Puenteceso - Corme e o Baio - San Lorenzo centran a atención

A previa: o Puenteceso - Corme e o Baio - San Lorenzo centran a atención
Iniciase hoxe unha maratoniana semana con dous días festivos polo medio nos que haberá xornadas de fútbol base e o comarcal sub-12 en Dumbría. E por suposto, xornadas ligueiras que xa empezan a ser importantes polo moito que se están a xogar os equipos. A atención estará centrada nos dous partidazos da xornada: o Baio - San Lorenzo na 1ª, e o Puenteceso - Corme na 2ª. O Puenteceso recibe ó Corme no derbi do Concello pontecesán Comenzando pola Preferente Norte, hoxe abre o fogo o Sofán, que se desplaza a Ribadeo para tentar de romper a mala xeira de resultados e lesionados que ven arrastrando. O Xallas viaxa a Betanzos nun partido que se antolla vital para os intereses dos de Santa Comba, e o Arzúa recibirá ó Dumbría de Nacho, que pretende darlle continuidade á vitoria ante o Ribadeo da semana pasada. Na 1ª Galicia, como decíamos, o Baio - San Lorenzo centra todas as miradas. Ambos equipos están nunha delicada situación, e ademais será o debut do adestrador local, Diego Díaz. O encontro ten todos os alicientes para ser un gran partido. O Soneira, buscando engancharse na parte alta, ten unha boa oportunidade de mostrar o seu potencial ante un dos equipos candidatos ó título, o Agolada. O Fisterra pola súa parte terá un complicado desprazamento á Pobra do Caramiñal, para verse as caras ante Changui e compañía. Na Liga da Costa, sen dúbida, o encontro de Puenteceso é o mais destacado. Derbi que se vive cunha gran paixón todos os anos, as circunstancias clasificatorias farán deste un partido tremendo. O Corme con 22 puntos e o Puenteceso con 21 son dous dos claros perseguidores do líder Mazaricos, que conta con 26. O que perda o domingo no Pinguel pode saír un pouco tocado de cara o obxectivo de gañar a liga. O líder visitará o sempre complicado campo do Outes, e o sorprendente Muxía irá a Buño. A Esteirana recibe ó Camariñas, un histórico en horas baixas e pode ser o gran beneficiado da xornada. Na zona baixa o Malpica - Coristanco preséntase como partido clave nas aspiracións de ambos equipos de saír da zona baixa. O derbi Lira - Montelouro é outro dos focos importantes da xornada, cos ambos equipos en dinámicas moi diferentes das esperadas. Zas - Cee e Baíñas - Cerqueda parecen encontros igualados. Unha xornada das de non quedar na casa na Liga da Costa. O Sp. Zas quere darlle continuidade á vitoria en Cerqueda da semana pasada. Na 3ª Galicia a cousa non se queda atrás. O líder Cabana recibe ó Camelle no partidazo da xornada. O Ameixenda - Laxe e o Corcubión - Muros parécennos citas de gran interese tame´n. Nantón e Castriz pelexarán por non perder o ritmo de cabeza, así como Porteño e Seaia. O Volantes recibe ó filial do Outes coa intención de recuperar o liderato perdido a semana pasada. Todos os partidos, e o carrusel costeiro poderás seguilo en www.futboldacosta.com.

Comentarios