Venres. 26.04.2024
El tiempo

A previa: vai a ser unha guerra ata o final

A previa: vai a ser unha guerra ata o final
A costa de Xaneiro tamén ten o seu reflexo no fútbol. A volta de vacacións de Nadal sempre soe ser un período difícil, cheo de sorpresas e resultados extranos, no que se deciden as competicións. Todo o mundo ten necesidades agora mesmo, e o que se deixe levar posiblemente non sexa capaz máis tarde de recuperar o terreo perdido. Por iso, as batallas de Xaneiro e Febreiro acaban sendo as que deciden as guerras das ligas. En Preferente, a máis igualada dos últimos anos, os nosos representantes teñen tela para cortar. O Sofán visita San Tirso, a un rival directo que ven de perder co Dumbría. O Xallas recibe ó 3º clasificado, o Arzúa, mal rival para pensar na recuperación, pero se os xalleiros volven á solvencia defensiva habitual con Néstor todo é posible. O Dumbría, coa fichaxe de Pesco fresca, van ó Poboado a medirse a As Pontes, ó que xa lle gañaron na primeira volta, pero que agora semella un rival durísimo. Baíñas e Puenteceso reeditarán o empate da 1ª xornada ligueira En 1ª Galicia, iníciase a 2ª volta. O Soneira de Pedro Gómez recibe ó Piloño no partidazo da xornada, tentando achegarse ós postos cabeceiros. O Baio busca tranquilidade en Chaian, e o Fisterra e San Lorenzo teñen finais ante malos rivais, Cordeiro e Bastavales. Non hai tempo de durmirse. Na Liga da Costa, a emoción está en todos os frentes. O líder Mazaricos visita ó temible Zas, un xigante todavía durmido. A Esteirana vai a Cerqueda a enfrontar ó difícil equipo de Periscal, e o Corme recibe nun derbi moi interesante ó Buño. Puenteceso e Baíñas enfróntanse no partido da xornada para ver quen dos dous non queda descolgado da loita polo título. Na zona baixa, o Coristanco visita Muxía tentando seguir coa boa xeira das últimas xornadas, e o Outes - Lira é un partido totalmente decisivo para ambos equipos. O Lira será foco de interés, para ver como reacciona ante a baixa de Pesco. Monte Louro - Camariñas e Cee - Malpica son dous encontros que poden marcar moito as dinámicas dos 4 equipos de aquí ó final de tempada. Pesco deixou o Lira e debutará co Dumbría en As Pontes Na 3ª da Costa cada vez queda menos. Só 11 xornadas de aquí ó final, e cada punto é un mundo agora mesmo. Os equipos muradáns, que encabezan a tabla, teñen complicados encontros: o Volantes vai a Malpica para enfrontar ó Seaia, e o Muros recibe ó Ameixenda nun auténtico partidazo. Á espectativa estarán no Castriz - Laxe, Camelle - Outes B, Castrelo - Nantón e Corcubión - Cabana. O conxunto cabanés aposta decididamente polo ascenso coa incorporación esta semana de Cachadiña, ex do Dumbría.

Comentarios