Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Previa: Cicloxénese futboleira

A Previa: Cicloxénese futboleira
Estase a ver no horizonte. Achégase o outono, a 10 de decembro, un pouco retrasado, pero Galicia, e por ende a Costa da Morte, está ó borde dunha borrasca de frío e auga para este domingo. Xa tardaba. E isto condicionaranos todo, especialmente ós que somos futboleiros a actividade nos campos costeiros. Temos que ir preparando o chuvasqueiro e os dous pares de calcetíns, pero non podemos faltar ós campos da Costa! Os necesitados equipos de Preferente Norte afrontan dúas xornadas vitais para chegar ó parón navideño con certa tranquilidade. Sofán e Xallas xogan na súa casa, contra rivais temibles: o líder Paiosaco visita Santa Comba, e o terceiro clasificado o Arzúa xoga o domingo nas Eiroas. O Dumbría xogará por segunda vez consecutiva lonxe do Conco ante un rival directo, no que pode ser a continuación da boa xeira dende que Nacho dirixe a nave, ante o At. Escairón. Muros e Camelle non se queren descolgar da cabeza Na 1ª Galicia continúa o baile de adestradores. Esta semana foi o Soneira o que decidiu prescindir do inquilino no banquillo, e a Vimianzo acércase o perigoso Puebla de Changui para poñer a proba o momento de forma dos locais. O Baio con Diego Díaz perfectamente integrado no equipo visita o Ribeira, buscando sacar puntos lonxe do Platas Reinoso. Fisterra e San Lorenzo, nunha complicada situación ambos conxuntos, reciben a dous equipos veciños, o Lalín e o líder Agolada, que buscan o ascenso a Preferente en dura competencia. Na Liga da Costa continúa a persecución do Mazaricos. Os de Amoedo reciben ó Camariñas no que pode ser un partido trampa, según que tarde teñan os de Tono. A Esteirana, nun gran momento de forma, visita o sempre complicado campo do Coristanco. Pola súa parte o Puenteceso viaxa a Outes para enfrontar a un necesitado equipo local. Corme e Zas mediranse nun duelo dos de pelexar por títulos non fai tanto, e o Baíñas e o Cee loitarán nun partido de cercanías e boas xeiras. As revelacións Muxía e Monte Louro reciben ós conxuntos malpicáns, Buño e Malpica, e o outro do concello, o Cerqueda, ten un compromiso vital ante o Lira. Fútbol para todos os gustos e tensión e emoción en todos os campos, iso seguro. O Monte Louro é a revelación, e o Puenteceso quere o título Na 3ª Galicia, Volantes e Cabana seguen a súa loita na cabeza da clasificación, e visitarán ós incómodos Laxe e Seaia. O Muros - Porteño, o Camelle - Nantón e o Castriz - Ameixenda son citas igualadas e que irán definindo posibilidades de todos os contendientes. O Corcubión visita ó Castrelo para ver de recuperar o presumible potencial que gardan os seus bos xogadores. E xa sabedes, sempre en www.futboldacosta.com podedes seguir ó minuto todo o que vai pasando no noso fútbol.

Comentarios