Venres. 29.03.2024
El tiempo

A primeira derrota do curso do Club Xadrez Cabo Touriñán deixa todas as opcións a unha carta en Vilagarcía

A primeira derrota do curso do Club Xadrez Cabo Touriñán deixa todas as opcións a unha carta en Vilagarcía
Club Xadrez Cabo Tourinan ante Milladoiro Club Xadrez Cabo Tourinan ante Milladoiro

Chegou a primeira do curso para o Club de xadrez Touriñán. E fíxoo na 9ª xornada, na que estaba obrigado a gañar para seguir tendo obcións de ascenso. Pero na primeira das finais, apareceu o Milladoiro e lle endosou unha derrota aos muxiáns.

Agora todo pasa por gañar en Vilagarcia por máis de tres puntos a vindeira xornada para tratar de continuar na loita.

Cabo Touriñán 1,5 - Milladoiro 2,5

Resultados por taboleiro:
  • David Lariño - Javier Varasa 1-0 Lariño xogou de forma moi activa creando constantes ameazas ao seu rival que finalmente rendiuse cando a súa  posición se desmonoraba
  • José Doval – José Soneira 1-0, Soneira saiu ben da apertura pero cometeu un erro no medio xogo, cambiar o seu alfil bo que protexía ao Rei, o seu rival montou un ataque na séptima columna que obrigou a abandonar ao xogador do Touriñán.
  • Manuel Lamas - Mario Iglesias 0-1, Lamas perdeu un peón no medio xogo e o seu rival con mais espazo activou as suas pezas desplegando un ataque imparable contra o enroque.
  • Xoán Xosé Hidalgo -  Ramón Franco 1/2-1/2, Ramón levou a iniciativa de principio a fin e ao chegar a un final sinxelo de gañar fixose un lío mental e terminou empatando a partida por xaque continuo do seu rival.
 

Vindeira xornada

A próxima fin de semana xogan en Vilagarcía contra o Pub Musaraña.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas do curso

Fonte

Comentarios