Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Quedada de Pesca uniu a medio centenar de pescadores na costa cormelá

A Quedada de Pesca uniu a medio centenar de pescadores na costa cormelá
Pescadores da Quedada de Corme Case 60 Pescadores da Quedada de Corme

Preto de 60 persoas participaron este pasado domingo 12 de novembro na II Quedada de Pesca de Fondo e Spinning, que organizou a Asociación Deportiva de Pesca Marítima de Corme e a tenda de pesca pontecesá A Bordo. Dende a praia da Barba (dada a acollida da quedada dos participantes aumentouse a zona de pesca) os pescadores foron collendo o seu espazo aproveitando os sendeiros do Camiño dos Faros.

Si que facía algo de orballo a primeira hora da mañá, e as pedras estaban algo molladas. Ademais, o mar estaba algo revolto, polo que a organización avisou de ter algo de coidado nas pedras. Foi precisamente o organizador Emilio Cambre o que esvaraba e rompía a cana protagonizando a anécdota do día, pero a cousa non foi a máis.

Houbo máis cantidade que a calidade das capturas, pois foron moitas as capturas pero non foron demasiado grande. En todo caso, non era unha cita competitiva, era un momemto para o disfrute, e houbo premios para todos os participantes gracias á colaboración: canas, rapalas, fundas… Todo o mundo marchou contento, polo que parece que estas quedadas se repetirán en breve.

Todos os pescadores da Quedada de Corme recibiron premio Todos os pescadores da Quedada de Corme recibiron premio

Os podios

Podio spining
1º Steven Mancebo de Malpica;
2º Eduardo Cancelo de Santiago;
3º David Pereira de Coristanco.

 

Podio de pesca de fondo:
1º Manuel Lema de Ponteceso;
2º Jonathan Baneira de Corme;
3º Juan Centeno de Ponteceso.

Uníndose

Unha boa iniciativa a de recuperar estas asociacións do mundo de pesca, unindo pescadores de toda a comarca, que poidan refuxiarse no paraugas da entidade para solicitar algunha cousa. Moitos consideran a pesca furtiva como un dos grandes problemas contra a pesca deportiva (o pouco das capturas, por exemplo), ou problemas como non poder extraer poliquetos.

Comida no Miramar de Corme A Comida no Miramar de Corme deixou a todos contentos  

Artigos relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios