Venres. 26.04.2024
El tiempo

A ría de Corcubión afiánzase como un espazo ideal para regatas de alto nivel

A ría de Corcubión afiánzase como un espazo ideal para regatas de alto nivel

Esta pasada fin de semana de 26 e 27 de agosto de 2011 as augas da ría de Corcubión acollía o Campionato Galego de vela en categoría 420, organizado polo Clube Marítimo Carrumeiro. Ducias de mozos de todo o país disfrutaron dunha xornada ideal para a práctica da vela, demostrando que a ría de Corcubión reúne as condicións óptimas para organizar regatas de alto nivel como é o Campionato Galego.

Participaron un total de 17 veleiros chegados do R.C.N Vigo (7 embarcacións), C.N Portosín (4 embarcacións), L.C Vilagarcia (3 embarcacións), C.N. D Riveira (1 embarcación) e do propio clube corcubionés C. M Carrumeiro (2 embarcacións). Durante toda a fin de semana realizáronse un total de 8 mangas, cun vento variable entre 5 e 22 nós.

O Clube corcubionés demostrou estar ao nivel e participou con dúas tripulacións, unha feminina e outra masculina. A tripulación feminina formada por Alba Trillo Trillo (patroa) e Maruxa Cernadas Leis conseguiron un fantástico 5º posto no campionato. Pola súa banda, a tripulación masculina, formada por José A. Romanos Pan (patrón) e Francisco Canosa de Pazos, conseguiron un 12º posto.

Os gañadores foron:

  • Masculina: CRN Vigo, formada por Pedro Martínez Lago e Luís Bugallo Arriola.
  • Feminina: CRN Vigo, formada por Patricia Suárez González e Vitoria García-Lastra Núñez.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Cataventos Escola de Vela.

Comentarios