Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Segunda da Costa ponse en marcha

A Segunda da Costa ponse en marcha
Na tarde de onte daba comezo a liga máis seguida pola afición da costa, a Segunda Autonómica. Esa liga que todos os equipos da Costa a viven, a seguen, a disfrutan cunha tensión especial, unha emoción diferente, é unha sensación que non se pode explicar. Daba comezo unha nova tempada cun partido moi entretido, un partido no que dous dos grandes favoritos a facerse con este novo título de liga  enfrontábanse no Arasolis en Fisterra. Saltaban ao campo coma se dun partido de Champions se tratase. O partido daba comezo as 18:00, cunha tarde moi soleada en Fisterra. O comezo do partido ambos conxuntos saíron a pola vitoria, pero pouco a pouco ese impetu foi a menos. O Sofán quería pero non podía cun Fisterra ben plantado, sería rematando a primeira metade cando un disparo cruzado de Iván Rojo adiantaba ao Sofán, remataría a primeira metade con 0-1. Na segunda metade foi máis do mesmo, poucas ocasións para ambos conxuntos e partido bastante trabado. O Fisterra empataría no minuto 47 despois dunha xogada bastante polémica, onde os de Carballo pedían fóra de xogo primeiro e falta o porteiro despois, pero o gol subía ao marcador e sería o 1-1 para o Fisterra, así chegaríase o final do encontro. En realidade o partido que iniciaba a nova tempada de Segunda Autonómica era o Corcubión-Outes, que daba comezo no Novo Cubaleiro de Corcubión as 17:00h. O partido daba comezo sen un claro dominador, o balón practicamente non se movía do medio do campo, chegaríase ao descanso do partido cun 0-1 para o Outes nos minutos finais da primeira parte. O partido remataría cun 0-4 para o Outes que fan que o Corcubión empece esta nova tempada diferente a do ano pasado, na que comezaba coma líder. Tamén na tarde de onte tiñamos un Cabana-Carnota, onde os de Alfredo Cambeiro sacaban 3 puntos moi importantes, tras gañar por 0-1, e así estrear o seu casilleiro. Noutro dos partidos que tiñamos onte enfrontábanse un serio aspirante a algo importante nesta liga como é o Corme e un Volantes de Baño que vén dunha pretemporada un tanto especial, con moitas altas e moitas baixas. Foi un partido onde o Corme levávase os tres puntos tras gañar por 2-1. Na tarde de onte tamén daba comezo a Primeira Autonómica, onde un dos nosos daba comezo a súa tempada, ese era o Malpica, o cal sacaba un punto moi importante na Pobra tras empatar 2-2. Pero a tarde de fútbol non acababa aí, xa que tiñamos os enfrontamentos de xuvenís, tanto no grupo 3 coma no grupo 4. Pero antes, xa tiñamos na tarde do venres o Corme-Porteño (4-4) un partido moi vibrante, onde os de Corme tiveron que sacar a artillería do banco despois de comezar o encontro perdendo por 0-2. Xa, na  mañá do sábado, xogabase un enfrontamento onde o Laxe vencía por un clarísimo e contundente 7-0 o Castriz que non encontra o seu xogo nesta nova tempada. Neste mesmo grupo, o grupo 4 enfrontábanse pola tarde o Cabana-Muxia (9-2), un Cabana que comezaba a súa etapa nesta liga despois de descansar a semana pasada, e que mellor comezo que cunha goleada así. No último dos partido deste grupo 4 tiñamos un Camariñas-Malpica (2-3) partido moi apretado, onde os de Malpica estreaban o seu casilleiro de puntos. No Grupo 3 tiñamos o primeiro derbi da tempada no que se enfrontaban Fisterra-Cee (3-0), os fisterráns amosábanse moi fortes a pesar de estar de festa e endosábanlle unha goleada a un Unión Club Cee que pouco puido facer. A Esteirana non tiña compasión dun Muros bastante floxo en todas as súas liñas e levábase o partido por 0-8 no Eleuterio Balayo de Muros, tamén cun resultado bastante idéntico gañaba o Xallas de Santa Comba ao Lira pero nesta ocasión o que vencía claramente era o equipo da casa, o Xallas de Santa Comba levábase o encontro por 8-0 a un estreado equipo nesta liga como é o Lira. Por último tiñamos a un Dumbria-Outes (4-0), un Dumbria que segue intratable e con paso firme para levarse de novo esta liga e poder loitar polo tan ansiado ascenso a Liga Galega.

Preferente, xornada 3

Carral 08/09 – 18:30 Bergantiños
Xallas StComba 08/09 – 18:00 Soneira
Dumbría 08/09 – 17:30 Castro

1ª Autonómica, xornada 1

Baio 08/09 – 19:00 Agolada
Villestro 08/09 – 18:00 Camariñas
Esteirana 08/09 – 17:00 Cordeiro
Puebla 2-2 Malpica
Bertamiráns B 08/09 – 17:00 Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 1

Fisterra 1-1 Sofán
Cabana 0-1 Carnota
Corcubión 0-4 Outes
Corme 2-1 Volantes
Muros 08/09 – 17:00 Porteño
San Lorenzo 08/09 – 18:30 Camelle
Cee 08/09 – 17:00 Castriz
Independiente 08/09 – 17:00 Mazaricos
Buño 08/09 – 17:00 Zas

Xuvenil, Gr.3, xornada 2

Mazaricos 2-4 Soneira
Dumbría 4-0 Outes
Xallas StComba 8-0 Lira
Muros 0-8 Esteirana
Fisterra 3-0 Cee
  • Descansa Corcubión.

Xuvenil, Gr.4, xornada 2

Coristanco 0-3 Ponteceso
Laxe 7-0 Castriz
Corme 4-4 Porteño
Camariñas 2-3 Malpica
Cabana 9-2 Muxía
  • Descansa Baio.

Liga Infantil, xornada 1

Outes 0–7 Cee
Ponteceso 12/09 – 18:00 Fisterra
Coristanco 3-3 Os Miudos
Corme sen xogar As Baleas
Baio 09/09 – 18:00 E.M.F. Vimianzo
Muxía 4-0 Sofán
Esteirana 5-4 Cabana
*As Baleas abandona a competición

Comentarios