Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Selección da Costa de FS Benxamín comezou a adestrar

A Selección da Costa de FS Benxamín comezou a adestrar
Adestramento da Seleccion da Costa Benxamin de Futbol Sala Adestramento da Seleccion da Costa Benxamin de Futbol Sala

Bos tempos para as Seleccións da Costa. Coa sub-12 de Fútbol 11 preparando o Campionato Comarcal do Conco, onte púñase en marcha a Selección da Costa de Fútbol Sala Benxamín. O Delegado da FGF na Costa, Fran Toba, organizou a primeira pre selección da zona norte (a vindeira semana tocaralle á zona Sur) pensando no Campionato de Seleccións que terá lugar en Marín o vindeiro 4 de xaneiro.

Esperan o seu turno tamén as Seleccións Alevín e Infantil, pois os seus campionatos chegarán cara o mes de fereiro.

Onte era o pavillón de Zas o que acollía o adestramento ás ordes de Ana Mouzo e Dani Costa.

Adestramento da Seleccion da Costa Benxamin de Futbol Sala 1

Os convocados foron:

  • Pablo Carril González (As Baleas).
  • Anxo Toba Carril (As Baleas).
  • Victor Rey Eiroa (Cabana).
  • Yeray Fontenla Lema (Cabana).
  • Rodrigo Álvarez Cambón (Coristanco).
  • Hugo Castiñeira Santos (EMF Vimianzo).
  • José Antonio Andrade Castiñeira (EMF Vimianzo).
  • Breogán Cancela Chouciño (Malpica A).
  • Manuel Abelenda Cagigao (Malpica A).
  • Javier Blanco Fariña (Malpica A).
  • Brais Costa Suárez (Malpica B).
  • Anxo Varela Vázquez (Malpica B).
  • Diego García Castro (Ponteceso).
  • Hugo Veiga Insua (Ponteceso).
  • Enaitz Allo Estévez (Ponteceso).
 

Novas relacionadas

  • A Selección da Costa Sub-12 prepárase en Cabana para o seu debut no Conco.
  • Comeza a rodar o balón nas LCFs.
  • Fonte

    Comentarios