Xoves. 28.05.2020
El tiempo

A selección sub-15 costeira prepara o torneo do 1 de novembro

A selección sub-15 costeira prepara o torneo do 1 de novembro
Na tarde de onte a selección sub-15 da costa disputou un amistoso no campo do Carral de Sofán ante o seu equipo xuvenil, no que venceu por 6-5, e no que foi unha probatura do equipo que competirá o 1 de novembro contra o resto de seleccións comarcais galegas. Ante a presenza do presidente da Federación Galega de Fútbol Rafael Louzán e do delegado da costa Manolo Corredoira, os xogadores convocados por Martín Vecino e Josiño Abelenda mostraron o seu talento e cualidades, e que na Costa da Morte cada vez máis se está a traballar con calidade no fútbol base. Faltaron á cita os tres integrantes do Dumbría, que sí estarán na cita da próxima semana. Os nenos convocados e que representarán á costa no campeonato comarcal son os seguintes:
  • U.C.CEE: Alfredo Vázquez, Sergio Paz e Isaac Vilar
  • S.D. SOFÁN: Guille González - Botas, Iván Fraga e Manu Castro
  • SP. SEAIA: Fran García
  • C.F. DUMBRÍA: Nico Abelenda, Martín Lodeiro e Raúl Lado
  • CABANA S.D.: Manuel Nantón
  • U.D. CERQUEDA: Iván Blanco
  • C.D.C. ZAS: Joel Ameijeiras, Guillermo Eiroa, Bryan Garcia
  • CORME C.F.: Xoel Castro
  • OUTES C.F.: Sergio Martínez, Pablo Tuñas
  FOTOS CEDIDAS POR LUIS GONZÁLEZ

comentarios