Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Selección sub-15 da Costa debuta nun Torneo en Corme

A Selección sub-15 da Costa debuta nun Torneo en Corme
De noraboa está o fútbol base costeiro co debut da Selección Sub-15 da Costa. A Federación Galega de Fútbol parece que está a tomar moi en serio esto das seleccións e tras crear o combinado feminino, agora comeza un bo traballo ca base. A primeira cita será o vindeiro mércores 24 de maio para un torneo no campo do Cairo, en Corme, onde competirán contra a Selección coruñesa sub-15, Deportivo B e Montañeros. Xogadores do Ponteceso, Xallas, Cee, Os Miúdos, Dumbría, Bergantiños, Outes, Fisterra e Esteirana competirán ñas ordes de Josiño Cuns (coordinador do Xallas FC) e Martín Vecino (adestrador infantil do CDC. Zas). Os enfrontamentos deste torneo son os seguintes:
  • 16.30h Selección da Costa – Selección Coruñesa
  • 17.15h. Atlético Coruña Montañeros CF – RC Deportivo de A Coruña
  • 18.00h. Selección da Costa – Atlético Coruña Montañeros CF
  • 18.45h. Selección Coruñesa – RC Deportivo de A Coruña
  • 19.30h. Selección Coruñesa – Atlético Coruña Montañeros CF
  • 20.15h. Selección da Costa – RC Deportivo de A Coruña

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios