Venres. 29.03.2024
El tiempo

A soidade arbitral

A soidade arbitral
O único que non cambia do fútbol profesional ata a terceira rexional e o do colectivo arbitral, son unha parte importante no mundo do deporte rei pero tamen son os mais odiados. Cada equipo por moi pequeno ou humilde que sea ten os seus siareiros que os acompañan en cada partido nos bos e malos momentos, os árbitros teñen que acudir sos a cada estadio sabendo que o único fixo e que as duas afeccions vano torturar cos seus cánticos durante os noventa minutos. No que se parecen tamen e que non se toma coma unha profesión, xa que aparte do arbitraxe tanto os de élite como os da última categoría do fútbol teñen que vivir con outro traballo a parte,pero non quita o habitual que se escoita en cada campo «os insultos xa lle entra no soldo» A única e gran diferencia que sufren a parte que en algunhas categorías teñen que arbitrar sen linieres, e o medo que sinten o verse solos e desprotexidos nos campos de fútbol, creo que esa lacra da violencia contra os árbitros esta totalmente erradicada no tema de agresión físicas, quizais non tanto nas verbais ,pero o pitar o final do partido cada un levantase do seu asiento e pon rumbo para a casa sen mais importancia. Pero algún colexiado iso non o ten asumido,e chama a garda civil como medida de protección por temor a represalias de algunha parte dos afeccionados por a sua laboura arbitral, algo que por exemplo non sucede no caso dos xogadores, unha afeccion pode insultar e amenazar a un rival durante todo o encontro e ese xogador nunca se viu que avisara a policía por temas de protección. O medo e libre e natural en cada persoa e mais nas que teñen que impoñer xustiza contra toda unha grada, esas gradas donde sempre hai equipos con unha gran masa social por encima de outros e apretan esa ventaxa en algunha ocasión o arbitro, que na sua soidade e medo a veces decantanse en ver ou non ver algo dependendo do clube, non e algo habitual nin todos o fan, pero os que vemos fútbol amateur cada fin de semana eso ocurre. Para acabar todo esto resumido nun chiste que deixa claro o temor a grada: Un árbitro chega o estadio e mira como na grada todos os afeccionados portan unha escopeta e sorprendido preguntalle o delegado ¿ Por que teñen esas escopetas? O cal o delegado respondelle que solo a usan cando se pita un penalti en contra, o árbitro mais curioso ¿Que fan en ese momento? E o delegado comentalle, pois non sabemos nunca sucedeu.
  • Anxo Garrido. @Anxo_GB

Outros artigos de Anxo Garrido

#Regateegol

Máis video entrevistas de Anxo Garrido

Fonte

Comentarios