Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xornada: a Esteirana escapa cara o título, a promoción de 3ª definida

A Xornada: a Esteirana escapa cara o título, a promoción de 3ª definida
Gran tarde de fútbol esta de domingo de resurrección, na que algúns fixeron honra do día resurxindo das súas cinzas, como o Camariñas, que salvou unha bola de partido, ou o Cerqueda, que impoñéndose ó Outes case que certificou a salvación. A Esteirana, nun encontro deses que dan ligas, sacou os puntos de Xaviña, sácalle tres puntos máis a Mazaricos e Baíñas, que caeu ante o Coristanco, e o Corme segue na persecución cunha clara vitoria ante un Cee en claros problemas. Na 3ª Galicia, a xornada de hoxe serviu para aclarar que catro equipos irán á promoción de ascenso, para xogarse unha plaza na liga da costa. Serán o Cabana, o Ameixenda, o Camelle e o Porteño. Dende logo que esa promoción será sen dúbidas digna de verse. Resaltar na 1ª Galicia o resultado do Tordoia, que saíu derrotado 3-2 en Bastavales, marcador favorable ós intereses de Baio, San Lorenzo e Fisterra. BUÑO S.D. 0 - S.D. ESTEIRANA 1 BUÑO: Brais, Miguel, Manoliño, Pablo, Posiño, Jorge Calvete, Fran, David, Juan Antelo, Anxo e Zinho. Tamén xogaron Alexander, Petis, Emilio, Gurita e Pereira. ESTEIRANA: Roberto, Codesido, Simón, Dani Rama, Manu Tobío, Josiño Alves, Alex Rama, Rober Pladur, Josiño Barreiro, David e Jaime. Tamén xogaron Xián e Campos GOL: 0-1 33´Josiño Barreiro A Esteirana sumou tres puntos nun complicado campo, Xaviña, e cunhas condicións meteorolóxicas difíciles, cun vento racheado insoportable e enemigo da práctica do fútbol. O encontro foi de dominio visitante cun Buño moi ordenado. Josiño Alves mandaba no medio do campo, e Barreiro e Alex Rama eran puñais por banda. Mediado o primeiro tempo un balón longo que non acerta a despexar Miguel serve para que Josiño Barreiro adiante ó líder. O Buño tivo unha boa ocasión nun roubo de Juan Antelo que Anxo non foi quen de definir. A Esteirana aguantou ben no segundo tempo, con Pladur aguantando balóns con mestría, e un Buño moi correoso pero pouco preciso, e levouse un reforzo moral importante para as 4 xornadas que quedan. C.D. BAIÑAS 0 - S.D. CORISTANCO 1 BAÍÑAS: Víctor, Roi, Jose, Esteban, Mayor, Cristian, Javi Souto, Pablo Muíño, Felipe, Javi García e Oreiro. Tamén xogaron Canay e Jesús. CORISTANCO: Diego, Mato, Lagoa, Pazos, Samuel, Damián, Jorge Lorenzo, Bermúdez, Samu Vázquez, Xuco e Botana. Tamén xogaron Miguel, Braian, Figueiras e Cristian. GOL: 0-1 89´Xuco A fichaxe de Xuco, ex de Sofán e Tordoia, está a serlle moi rentable ó Coristanco. De novo un tanto do poderoso dianteiro nos últimos intres de encontro doulle a vitoria, moi necesaria para lograr a salvación, a un Coristanco que a pesar da intempestiva hora na que se xogou o encontro, e nunhas condicións impropias pola falta de luz nunha das torretas, está cerca do seu obxectivo. Todo o contrario que un Baíñas que cando tiña o liderato na man caeu consecutivamente en dous partidos como local polo mesmo resultado, 0-1, ante Coristanco e Monte Louro, e se complica incluso o acceso á promoción de ascenso. Despois dun segundo tempo igualado, con ocasións para ambos equipos, no segundo tempo, aínda que coa mesma igualdade, as imprecisións e o nerviosismo fixeron acto de presencia, e cando parecía que o empate sería o resultado definitivo unha boa acción combinativa dos visitantes acabou co gol definitivo de Xuco. LIRA C.F. 2 - CAMARIÑAS F.C. 3 LIRA: Peipo, Eloy, Fran, Cristian, Jano, Kike, Bruno, Isma, Oliver, Chema e Toni. Tamén xogou Ramón. CAMARIÑAS: Martín, Rodri, Brais, Moriño, Brandon, Maikel, Mickael, Nico, Joseba, Dani e Djibi. Tamén xogaron Dani Costa e Anxo. GOLES: 1-0 4´Kike   2-0 41´Kike de pti   2-1 56´Maikel   2-2 80´Micael   2-3 88´Brandon Expulsado Fran no 56´ Desenlace inesperado o sucedido en Lombáns, nun encontro que ó descanso tiña perfectamente controlado o Lira con dous tantos de Kike Paluca, un deles de penalti, e que nun segundo tempo extraño, quizais froito da necesidade dun Camariñas que se caía derrotado tiña case os dous pes en 3ª Galicia, produciuse a remontada dos de Tono. Recurtou distancias Maikel noutro penalti, que ademais lle custou a expulsión a Fran, na que puido ser a xogada clave do encontro. E nos últimos instantes igualou Micael e a pouco do final o xuvenil Brandon, chegado fai unhas semanas do Calasanz, doulle tres puntos de ouro ós da Vila do Encaixe. CORME C.F. 4 - U.C.CEE 1 CORME: Susiño, Jesús, Dani Cousillas, Pandi, Sueiro, Diego, Adrián Doldán, Lucas, Toniño, Javi Peón e Alejo. Tamén xogaron Eloy, Brais, Manu Bermúdez, Samu Costa e Cristian. CEE: Parroto, Aitor, Jorge, Borja, Jose Bermúdez, Carlos Leis, Jon, Esteban, Leo, Juan Bello e Charly. Tamén xogou Guardiola GOLES: 1-0 25´Lucas   2-0 35´Alejo   3-0 55´Lucas   3-1 57´Charly   4-1 78´Eloy Nunha fin de semana festiva para o Corme, no que os seus xuvenís celebraron un merecido título de Liga, o equipo senior impúxose ó U.C.Cee e mantén as distancias coa Esteirana, tendo todavía posibilidades de todo. O dúo maravilla, Lucas - Alejo, foron os que encarrilaron o encontro ante un Cee sen demasiada resposta, que reduciu distancias por medio de Charly, pero cedeu co 4-1 do xuvenil Eloy, e non foi capaz de anotar de penalti, pois Susiño detívolles un lanzamento dende os 11 metros xa co marcador definitivo. OUTES C.F. 0 - U.D. CERQUEDA 2 OUTES: Antón, Cutu, Maroñas, Pose, Lucas, Martín, Quin, Alvaro, Simón, Jura e Mario. Tamén xogaron Babu, Ramón e Elías. CERQUEDA: Diego Dourado, Bastón, Dani, Javi Souto, Pazos, Julián, Manu Guillamet, Marcos Pensado, Méndez, Gonzalo e Michel. Tamén xogaron David Dourado e Uru. GOLES: 0-1 41´Javi Souto   0-2 54´Bastón Encontro a vida ou morte en Outes, que se levou o Cerqueda asegurando virtualmente a salvación. Os locais tentaron levar o peso do partido ante un Cerqueda que esperaba agazapado a súa opción. E tivoa nunha falta lateral que despois de dar no pao, Javi Souto transformou no primeiro tanto. Puido igualar o Outes nun centro que da nun xogador visitante e case se transforma en gol. Unha falta lanzada por Bastón co vento a favor no segundo tempo foi a sentencia do encontro. O Outes volcouse, tivo duas moi boas ocasións nos últimos intres pero o meta Diego Dourado estivo espectacular e salvou os puntos para os visitantes. C.F. PORTEÑO 4 - CAMELLE S.D. 1 PORTEÑO: Jonathan, Adrián, Caamaño, Pejo, Manu Castiñeiras, Cousillas, Jorge, Rachón, Velo, Espi e Ángel. Tamén xogaron Luis, Wii, Canosa e Xoel CAMELLE: David Caamaño, Rubén, Pablo, Tedín, Barreiro, Miguel Riveiro, Méndez, Carlos, Adrián Pasantes, Alvaro e Rodrigo. Tamén xogaron David, Cristian e Adrián Tajes. GOLES: 1-0 3´Rachón   2-0 25´Tedín en pp   3-0 55´Pejo   4-0 70´Luis   4-1 72´Miguel Riveiro O Porteño asegurouse o seu pase á promoción de ascenso nunha especie de ensaio xeral da mesma ante o Camelle. Os da Ponte do Porto impuxéronse con solvencia, e mostraron a súa fortaleza no campo da Grixa e que chegan en perfecta forma para afrontar as eliminatorias en busca da volta á Liga da Costa. CABANA S.D. 3 - S.D. CASTRIZ 1 CABANA: Víctor, Fernando, Duda, Rubén, Isma, Diego Varela, Fariña, Romero, Diego Castro, Cacha e Reigía. Tamén xogaron Sergio, Pose, Pablo e Cristian. CASTRIZ: Álvaro, Rubén, Toniño, Carlos, Adrián, Kevin, Martín Negreira, Nakata, Iván Castro, Balsa e Facal. Tamén xogaron Raúl e David. GOLES: 1-0 12´Diego Castro   2-0 20´Romero   3-0 25´Fariña  3-1 28´Adrián O Castriz quedouse sen promoción en Cabana ante un conxunto local que coa vitoria ocupa a 3ª plaza e terá vantaxe campo durante toda a fase de ascenso. Os tantos foron marcados nun intenso primeiro tempo que dou paso a un segundo máis aburrido e cos equipos moi conformistas co resultado. C.D. NANTÓN 0 - S.D. LAXE 0 NANTÓN: Guille, Gavín, Lareu, Micael, Martín, Pereira, Dani Bardanca, Cristian, Pastor, Redondo e José Manuel. Tamén xogaron Eloy, Carlos Vidal e Martín Varela. LAXE: Eloy, Iván, Naya, Jacinto, Borja, Felipe, Ventura, Paredes, Jorge, Elías e Bieito. Tamén xogaron Manu e Valentín. Nantón e Laxe non alcanzaron o obxectivo da promoción cunha igualada que restaba posibilidades a ambos, e na que os dous equipos sabedores dos resultados que se estaban a dar en outros campos, sobre todo a fácil vitoria do Porteño, viron pronto as súas posibilidades disminuidas ó mínimo, o que levou a que a vitoria neste encontro tivera realmente pouco valor. S.D. AMEIXENDA 2 - OUTES B 1 AMEIXENDA: Papi, Oca, Samu, Bruno, Piquero, Susiño, Castreje, Cristian, Pablo, Andrés e Juan Antonio. Tamén xogaron Bichiño, Nes, Yago e Tomás. OUTES B: Raúl, Fabián, César, Juan, Saúl, Bruno, Sergio, Paullo, Ryam, Fran e Aitor. Tamén xogaron Fabio, Breno, Raúl Pazos, Bryan e Nieto. GOLES: 1-0 19´Cristian   2-0 65´Bruno   2-1 72´Bryan Chega o Ameixenda a bo nivel á promoción e cun Cristian nun estado de forma óptimo, marcando goles coma area. Desfíxose do filial do Outes, non sen dificultades, un filial moi digno competindo toda a tempada, pero que sempre lle falta algo para levarse puntos nos partidos.  

Comentarios