Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xornada: Ameixenda e Corme cara o ceo; Coristanco e Camariñas, ao inferno

A Xornada: Ameixenda e Corme cara o ceo; Coristanco e Camariñas, ao inferno
O Ameixenda celebrou, por fin, o ascenso á Liga da Costa O Ameixenda celebrou, por fin, o ascenso á Liga da Costa

Carrusel de tolos o vivido nesta tarde de domingo 27 de abril no Fútbol da Costa. A plataforma www.futboldacosta.com botou fume, cunha última xornada da Liga da Costa de infarto. Por arriba e por abaixo.

Por arriba será o Corme o que xogará a Fase de Ascenso á 1ª (terá complicado compaxinar Fase e Copa tanto en maiores como en xuvenís…) tras vencer en Lira e aproveitar que o Mazaricos non pasou do empate ante un Coristanco ao que tampouco lle valeu de nada o punto no Pino do Val. Os coristanqueses perden, xunto ao Camariñas, a categoría.

No posto que a día de hoxe provoca o arrastre do San Lorenzo (os de Verdillo están nunha situación complicada pero aínda non están descendidos matematicamente), queda o Outes, por ese empate que conseguia o Cee nos últimos minutos en Xaviña ante o Buño. Só o ascenso do Corme a 1ª e que non descendan nin Baio nin Fisterra pode salvar a día de hoxe ao cadro da Serra. Queda o Cee pendente dos posibles descensos de Fisterra e Baio, que á súa vez dependen do posible arrastre que provocaría o Dumbría.

Ademais, salientar tamén a festa que se vivíu no Xosé Luís Vara, celebrando o título de campión e vencendo o derbi ante o Montelouro.

Ameixenda, por fin a 2ª

Por fin o conseguía. Tras varios anos entrando na Fase de Ascenso, o SD Ameixenda conseguía por fin meterse na 2ª Galicia. Vencía 4-0 en Cee ao Porteño na volta da final, e certificaba o ascenso https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/1626878737430777/?t=2

Ollo aos descensos en Preferente e 1ª

Máis arriba, triple derrota na Preferente. Menos importantes son as do Xallas e Sofán, xa cos deberes feitos. Pero si que foi dolorosa a do Dumbría nun partido moi polémico pola mañá, caendo no último minuto. Unha derrota que pode saírlle cara aos dumbrieses, quedando agora nunha situación complicada a 3 puntos dos postos de salvación.

En 1ª, a nova foi a derrota do Baio no derbi ante o San Lorenzo que lle complica a vida. Ademais, o Fisterra sumaba un punto ante o Puebla que pode valer de moito.

Novos campións de base

Outes campión Alevín Outes campión Alevín

A xornada deixaba ademais un par de novos campións. Xa contamos que o Cee se proclamaba campión de Infantís tras superar a finalísima eterna ante o Outes.

Pola súa parte, o Outes celebraba o título o campión da Liga Alevín Sur.

E por último, en Xuvenís, o Fisterra nonfallou e xogará a Fase de Ascenso xunto ao Corme.

https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/1625654530886531/?t=2

Máis información

Comentarios