Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A xornada: cando o negro se volve branco, e viceversa

A xornada: cando o negro se volve branco, e viceversa
No fútbol actual os estados de ánimo cambian de semana en semana, a veces en cuestión de escasos días. Equipos afundidos fai 15 días poden ser os conxuntos de moda no día de hoxe. Un resultado cambia unha dinámica, e sempre hai oportunidade de revancha en 7 días. Na Preferente Norte os nosos tres representantes terán que buscar revancha o próximo fin de semana. O Xallas xa é colista, buscando esa boa xeira, pero hoxe volveu a caer, esta vez ante o Arteixo, un Arteixo que fai tres semana veía todo negro e con tres vitorias consecutivas agora é un conxunto a bater. O Dumbría foi quen de opoñer resistencia ó filial do Lugo, pero á postre os lucenses sacaron a primeira vitoria visitante no Conco. O Sofán pola súa parte en xornada matinal tivo un durísimo rival no Estudiantil e so puido sacar un punto que dan por bo. En 1ª Galicia boas novas para case todos: o San Lorenzo obtivo a primeira vitoria, e de que maneira, en Silleda. O Soneira venceu nun campo moi complicado como é o do Unión de Rianxo e segue a un punto do líder, o Baio igualou a 4 tantos nun partido loco co potente Lalín. O que tivo mala tarde foi o Fisterra, que veu sin puntos de Chaián. Na Liga da Costa, dispárase o Mazaricos na taboa. A súa vitoria en Cerqueda é un impulso no liderato da categoría. O Ponteceso persigue ós amarelos, xunto coa Esteirana, que sufriu para sacar un punto en Zas. Corme e Muxía igualaron nun competido encontro e o Outes está a remontar posicións, despois da súa vitoria ante o Coristanco. O Buño igualou en Lira, e o Baíñas impúxose ó colista Malpica. O Montelouro dou a sorpresa en Cee e levouse os 3 puntos. En 3ª segue a emoción. O Cabana colocouse líder en solitario tras a súa vitoria ante o Nantón. Por detrás, Muros, Ameixenda e Volantes. Perde algo de fuelle o Porteño, e o Outes B obtivo a súa primeira vitoria. Tedes todos os resultados en www.futboldacosta.com.  

Comentarios