Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Xornada: consumouse o descenso do Dumbría

A Xornada: consumouse o descenso do Dumbría
Vaia xornada a de onte, desastrosa para os intereses dos nosos equipos. Todo o que podía ir mal, así foi. Na Preferente Norte fíxose definitivo o descenso do Dumbría. Onte volveu a repetirse a historia de moitos partidos. Os de Nacho adiantáronse con gol de Pesco, pero nun encontro duro e competido cederon na segunda metade, onde un San Tirso que se xogaba a permanencia tamén foi capaz de darlle a volta ó marcador. O Dumbría, quizais abatido polas noticias que chegaban de outros campos, sobre todo da zona de Lugo, non foi quen de acabar a tempada cunha vitoria que de todas maneiras de pouco tería servido. Así os do Conco xogarán en 1ª Galicia o ano que ven. Nos outros partidos da categoría, Xallas e Sofán viaxaron a Ribadeo e Escairón a cumplir o expediente e trouxeron sendos empates. Ambos equipos están máis pendentes das semifinais copeiras que do final de liga. O descenso do Dumbría levará case que con toda seguridade ó Fisterra á Liga da Costa, pois a outra esperanza que tiñan os fisterráns, que era o ascenso do Puebla, onte sufriu un duro reves, pois os Changui e compañía caeron na súa casa no primeiro partido de promoción de ascenso ante o Carral por 2-3. Difícil aínda que non imposible a remontada, así que haberá que esperar ó partido de volta para saber se os de Noé manteñen ou non a categoría. A terceira pata do banco en canto á atención costeira era o Mazaricos, que perdeu case que todas as posibilidades de ascenso ó caer derrotado en Esclavitud por 2-1. O conxunto de Roberto Amoedo suma dúas derrotas noutros tantos partidos e terá que esperar a sumar os dous partidos que lle quedan por vitorias e que se den os resultados axeitados se queren ascender a 1ª. Difícil o vemos, aínda que sabemos que os amarelos loitarán ata o final das súas forzas, como neles é costume. Outes e Cee observan dende a distancia a situación de Mazaricos e Fisterra e agora mesmo vense máis cerca da 3ª que da 2ª Galicia.

PREFERENTE NORTE

DUMBRÍA 1 - SAN TIRSO 2 DUMBRÍA: Iván Bouzón, David Carreira (Iván González 64´), Raúl (Brais 80´), Julito, Iago, Fabio, Martín, Capelo, Yuyo (Matías 64´), Cespón e Pesco GOLES: 1-0 29´Pesco   1-1 54´Fran   1-2 76´Dani Xelo AT. ESCAIRÓN 1 - SD SOFAN 1 SD SOFAN: David Pena (Cristian 46´), Rubén (Eirís 69´), Iván Rey, Raúl (Cuadrado 77´), Pablo, Canedo (Eloy 72´), Jonathan, Quintela, Juan de Dora, Juanjo, Fabián (Nacho Moreno 46´) GOLES: 0-1 44´Juan de Dora   1-1 49´Félix RIBADEO 1 - XALLAS 1 XALLAS: Coki, Cristian, Pablo Vigo, Camilo (Doro 46´), Dani Becerra, Abel, Julián, Alex Blanco (Uxío 60´), Oliver, Marcos (Adrián 81´) e Raúl Añón (Borja Gándara 75´) GOLES: 1-0 14´Martín Traba   1-1 80´Doro

FASE DE ASCENSO A 1ª

ESCLAVITUD 2 - MAZARICOS 1 MAZARICOS: Toni, Sueiro, David, Ricardo, Estéfano, Raúl, Barbeira (Iago 80´), Miguel (Manuel Luis 71´), Pereiro, Cacho e Carreira (Molinos 71´) GOLES: 1-0 69´Gonzalo de pti   2-0 80´Ponte   2-1 90´David de pti

Comentarios