Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A xornada dominical: os perseguidores do Mazaricos apretan

A xornada dominical: os perseguidores do Mazaricos apretan

PREFERENTE NORTE

S.D. ORDENES 4 - S.D. SOFÁN 3 S.D. SOFÁN: Rumbo, Iván Rey (Matías 89´), Pablo, Sito, Félix (Rubén 79´), Canedo, Jonathan (Eibe 80´), Luis, Fabián, Alexandre e Quintela (Raúl 85´). GOLES: 0-1 24´Quintela 1-1 28´Munín 1-2 33´Fabián 1-3 42´Félix 2-3 48´Munín 3-3 70´David Suárez de pti 4-3 86´Angel Incrible partido o que se lle escapou á SD. Ganando 3-1 no descanso viu como o Ordenes lle remontaba no segundo tempo sen facer gran cousa. Foi superior a Sd no primeiro tempo. Despois dunha ocasión local, con remate ó pao de Rúa, chegou o gol de Quintela nunha gran xogada de Luis. Empatou pronto o Ordenes nun despiste da zaga da SD, pero Fabián tras outra xogada de Luis, e Félix á saída dunha falta poñían o 1-3. Tivo Luis a porta valeira a ocasión de sentenciar pero o seu remate saíu alto. O segundo tempo foi diferente. O Ordenes buscou máis balón directo e o seu dianteiro Chiño foi o home do partido. Nun balón parado recortou distancias, e unha gran xogada de Chiño, que se foi de canto defensa lle saíu ó paso acabou en penalti que serviu para o empate. Unha nova xogada de Chiño sobre a hora serviu para que o equipo local se levase a vitoria ante a desesperación visitante.

1ª GALICIA

S.D. SAN LORENZO 1 - S.D. AGOLADA 2 SAN LORENZO: Javi Souto, Luciano, Samuel, Baneira, Pablo Díaz, Parafita, Mario, Pablo Garrido, Diego Varela, Dani Pena e Brais Cancela. Tamén xogaron Aitor, Alex Taibo e Yago Varela. GOLES: 0-1 13´Jonathan   0-2 80´Jonathan   1-2 88´Parafita Caeu derrotado o San Lorenzo ante o sólido líder, o Agolada, que aproveitou a pericia do seu atacante Jonathan Centeno para levarse os puntos no encontro adiado no seu momento da xornada do 10 de decembro. Os de Verdillo xogaron un gran partido, competindo en todo momento, pero o acerto de cara a gol dos visitantes foi decisivo. Tivo o San Lorenzo unha boa ocasión antes do descanso que un defensa do Agolada sacou baixo paos para empatar. No segundo tempo un novo balón á espalda da defensa local significou o segundo tanto do líder. O gol final de Parafita non foi suficiente para que os locais, dirixidos polo adestrador do xuvenil Juni, culminaran a remontada.

2ª GALICIA

U.C.CEE 0 - MUXÍA C.F. 0 CEE: Carlos, Martín, Jorge, Bermúdez, Aitor, Carlos Leis, Penedo, Esteban, Leo, Juan Bello e Adrián Canosa. Tamén xogaron Borja e Castiñeira. MUXÍA: Angel Luis, Iván, Michael, Conguito, Pereira, Víctor Alcaina, Martín, Mario, Lagoa, Isma e Mauro. Tamén xogaron Toja, Tomás e Marcelino. Foi expulsado Penedo no 29´. CORME C.F. 3 - S.D. CORISTANCO 1 CORME: Susiño, Jesús, Dani Cousillas, Pandi, Sueiro, Diego, Doldán, Brais Torrado, Lucas, Toniño e Alejo. Tamén xogaron Eloy, Samu Costa, Javi Peón e Manu Bermúdez. CORISTANCO: Diego Mallo, Miguel, Mato, Pazos, Samuel, Rial, Jorge Lorenzo, Samu Vázquez, Corral, Cebey e Botana. Tamén xogaron Braian, Cristian, Lagoa, Figueiras e Torres. GOLES: 1-0 73´Diego   2-0 83´Lucas   3-0 87´Alejo   3-1 88´Pazos OUTES C.F. 1 - CAMARIÑAS F.C. 1 OUTES: Xandre, Cutu, Maroñas, Pose, Ramón, Simón, Elías, Alvarito, Cristian, Jura e Mario. Tamén xogou Yago Dosil. CAMARIÑAS: Martín, Soule, Roi, Moriño, Brais, David Pasantes, Adrián Bardanca, Javi Antelo, Mickael, Dani Costa e Maikel. Tamén xogaron Djibi, Fran e Dani Yanacon. GOLES: 1-0 11´Elías   1-1 13´Javi Antelo de pti Expulsado Soule no 58´ PUENTECESO S.D. 3 - S.D. ESTEIRANA 5 PUENTECESO: Xurxo, Martín Puente, Luis Alvite, Matías, Eloy Trigo, Dieguito, Juanma, Iván Rodríguez, Rubén Sotelo, Luca e Ismail. Tamén xogou Christian. ESTEIRANA: Roberto, Simón, Dani Rama, Kevin, Josiño Barreiro, Adrián, Rober Pladur, Pablo Rama, David, Jaime e Eloy. Tamén xogaron Campos, Xián, Cristian e Brais. GOLES: 0-1 3´Pablo Rama   1-1 25´Dieguito   1-2 26´Josiño   1-3 45´Rober Pladur   2-3 58´Matías   2-4 60´Campos   3-4 64´Rubén Sotelo   3-5 69´Pablo Rama SP. ZAS 2 - S.C.D. MALPICA 1 SP.ZAS: Miguel, Jaime, Isma, Víctor Vecino, Diego, Rubio, Dani Mato, Brais, Pablo Fuentes, Bruno e Alex. Tamén xogaron Josito, David Blanco, Fabián, Andrés e Rubén. MALPICA: Anxo, Mante, Omar, Dimitri, Juan Fuentes, Santi, Ures, Gonzalo Vilariño, Vituco, Dani Casal e Eloy. Tamén xogaron Jordan, Andy, Fabio e Pablo Souto. GOLES: 1-0 44´Víctor Vecino   1-1 75´Vituco   2-1 83´Rubio C.D. BAÍÑAS 2 - BUÑO S.D. 1 BAÍÑAS: Víctor, Tantán, Moreira, Jesús, Cristian Canosa, Javi Souto, Mayor, Héctor, Felipe, Hermida e Oreiro. Tamén xogaron Esteban, Roi Carril e Damián. BUÑO: Brais, Miguel, Eloy, David Alvarez, Jorge, Alexander, Emilio, Juan Antelo, Pedro, Adrián e Pereira. Tamén xogaron Richard, Martín, Petis e Manu. GOLES: 1-0 27´Javi Souto   1-1 44´Jorge   2-1 81´Roi Carril Foto Mery Villar Vaia xornada na Liga da Costa, que nos deixa ó Mazaricos con menos vantaxe con respecto ós seus perseguidores, vencedores hoxe nos seus encontros. En Ponteceso, vaia partidazo de goles e alternativas entre a Esteirana e o cadro local. Os de Tito Pedreira sempre foron a remolque, pero pelexaron con todas as súas forzas. A tremenda pólvora que ten a Esteirana en ataque foi demasiada costa arriba para os locais. A Esteirana, con Josiño Barreiro recuperado e sendo decisivo, é un dos ataques de máis talento da liga. Campos meteu un auténtico golazo dos que deleita á afección. En Corme partido parexo entre o equipo local e o Coristanco. Os visitantes aguantaron ata o primeiro gol do Corme, defendendo con orden, pero cando o Corme abriu a lata e o Coristanco se abriu os locais aproveitaron e sentenciaron rápido o encontro. En Baíñas, o Buño dou moito que facer ó equipo local. O Baíñas saíu fortísimo e puido sentenciar no primeiro cuarto de hora. Javi Souto marrou un penalti, pero adiantou ó Baíñas á media hora. Para sorpresa de todos o Buño igualou nun córner antes do descanso. O Buño mellorou na segunda parte pero noutro córner a pouco do final os locais leváronse a vitoria. Na loita por evitar o descenso, a pelexa é a cara de can. En Outes igualada entre os locais e o Camariñas. O encontro foi moi disputado, adiantándose os locais nunha indecisión do meta e da defensa do Camariñas. Igualou pronto o Camariñas nun penalti sobre Soule. No segundo tempo foi mellor o Outes, pero marrou unha pena máxima por medio de Pose no 63´. A expulsión de Soule fixo que o Camariñas replegara liñas e defendera o empate como puido. En Zas vitoria local, sufrida ata o final. Saíu mellor o Malpica, cun disparo de Santi ó pao. Adiantouse o Zas con gol de Víctor Vecino, pero no segundo tempo igualou Vituco. Cando parecía que ía ser empate, Rubio de tiro cruzado doulle a vitoria ós locais. En Cee o equipo local estase a meter en problemas, hoxe no derbi de cercanías non puido co Muxía, e ademáis tivo que xogar con 10 homes case 60 minutos por expulsión de Penedo.

3ª GALICIA

SP. SEAIA 3 - CAMELLE S.D. 1 SEAIA: Camafreita, Jorge Parga, Juni, Dani, Sergio, Darío, Adrián, Josi, Mara, Vistas e Diego Quintas. Tamén xogaron Mario e Bili. CAMELLE: Caamaño, Sergio, Angel Riveiro, Tedín, Barreiro, Miguel Riveiro, Carlos, Mario, Adrián Pasantes, Vieites e Roi. Tamén xogaron Rodrigo, Cristian e Adrián Tajes.  GOLES: 1-0 36´Mario   1-1 62´Carlos Tajes   2-1 69´Sergio en pp   3-1 89´Mario C.F. CASTRELO 0 - S.D. LAXE 3 CASTRELO: Carreira, Elvis, Mario, Fabio, Luis, Esteban, Maikol, Steven, Iván, Sergio Lema e Dani PIcallo. Tamén xogaron Carballo, Félix, Juan, Nico e Martín. LAXE: Eloy, Iván, Elías López, Borja, Santi, Gora, Jorge, Veciño, Paredes e Bieito. Tamén xogaron Manu, Samu e Iñigo. GOLES: 0-1 22´Santi   0-2 32´Jorge   0-3 56´Jorge CABANA S.D. 1 - S.D. AMEIXENDA 0 CABANA: Víctor, Duda, Fariña, Isma, Manolo, Mateo, Diego Varela, Cacha, Cristian e Pablo. Tamén xogaron Laik, Alberto, Djamel e Manu. AMEIXENDA: Papi, Camacho, Oca, Bruno, Bichiño, Chucho, Susiño, Castreje, Cristian, Pablo e Adan. Tamén xogaron Nes, Yago, Andrés, Piquero e Bicho. GOL: 1-0 87´Manu Na 3ª o duelo estelar era o de Cabana, onde un tanto de Manu no 87´lle dou a vitoria ó conxunto local. O encontro foi moi completo de ambos equipos, viuse moita loita pero pouca calidade. Tivo o Cabana a mellor ocasión do primeiro tempo nun disparo de Cacha que saíu fora por pouco. O Cabana seguíu acosando e tivo opcións nas botas de Pablo e Manolo antes do tanto da vitoria. O Laxe e o Seaia sumaron vitorias importantes de cara a asegurar plaza na promoción de ascenso. O Laxe venceu con claridade ó Castrelo en Vimianzo e o Seaia impúxose, a pesar das baixas que o asolan, ó Camelle, demostrando que ten calidade suficiente para ser un equipo dos punteiros na 3ª.  

Comentarios