Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Xornada: igualada no derbi de Preferente, vitoria do Volantes no de 3ª

A Xornada: igualada no derbi de Preferente, vitoria do Volantes no de 3ª
Unha xornada máis temos que resaltar a igualdade en todos os campos, e o propicia que están as ligas para as sorpresas ou non tan sorpresas, porque agora mesmo xa temos claro que os niveis en todas as divisións están moi igualados. Dous centros de interese, en Preferente igualada no derbi do Conco, nin Dumbría nin Xallas conseguiron marcar. En 3ª, foi o Volantes quen se levou o partido, co que se sitúa na cabeza da clasificación. Moita xente no Eleuterio Balayo Na Preferente Norte, ademais, igualada meritoria do Sofán ante As Pontes, nun gran partido dos carballeses, que mereceron a vitoria. En 1ª Galicia boas novas en casi todos os campos. Un Soneira en racha tomou Valga e venceu ó Cordeiro con solvencia. O Fisterra sacou unha gran vitoria en Sigüeiro, que lles da vida para o que resta. O Baio igualou cun dos favoritos, o Flavia, e só o San Lorenzo non puido sacar nada positivo. Na Liga da Costa, escapan Mazaricos e Esteirana, que parece que van a manter un man a man interesantísimo de aquí ó final. Pincharon Corme, Baíñas e Puenteceso, e o Monte Louro cunha importante vitoria en Coristanco cólase nos postos de cabeza. Por abaixo, Outes e Buño igualaron. A vitoria do Cerqueda en Camariñas mete ós palilleiros en problemas. O Malpica e o Lira sacaron grandes vitorias ante equipos da zona alta. Segue todo no aire, pero as xornadas están a ser de infarto. En 3ª, ademáis do referido Volantes - Muros, venceu o Camelle en Laxe e o Cabana ó Porteño. O Ameixenda pinchou inesperadamente ante o Castrelo e o Nantón co Corcubión. O Seaia venceu ó filial do Outes e acércase á promoción. Igualdade no derbi da Preferente Norte

Comentarios