Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Xornada: o Volantes de Baño ascende á Liga da Costa

A Xornada: o Volantes de Baño ascende á Liga da Costa
A nova da xornada é sen dúbida a volta do Volantes á Liga da Costa. Co seu claro triunfo na tarde de hoxe ante o Ameixenda, os de Sil recuperan plaza na 2ª Galicia. Nesta categoría pinchou o líder, e aproveitáronse Esteirana e Baíñas para recortar diferencias coa cabeza. En Preferente Norte mala tarde para os nosos. Ningún acadou os tres puntos. Xallas e Dumbría igualaron e gracias, pois anotaron os tantos do empate contra o final do encontro, e o Sofán pinchou incomprensiblemente ante o colista, o Outeiro, nun encontro para olvidar. En 1ª Galicia, mala tarde para Baio e Fisterra, que caeron ante conxuntos do Barbanza, Puebla e Unión de Rianxo. A situación do Baio é cada vez peor, mentres que o Fisterra está algo máis desafogado na clasificación. Doulle vida ó San Lorenzo a vitoria en Riveira ante un rival directo, que fai que renazcan as esperanzas en Verdillo, e co Soneira axudando ós nosos equipos da zona baixa coa súa vitoria ó Silleda. En 2ª Galicia, reactívase a loita polo título. O Cee arrancou un empate de Mazaricos que lle fai boa falta, e o Baíñas e a Esteirana aproveitaron para acercarse ó líder, vencendo a Camariñas e Lira en partidos moi apretados. O Corme, que venceu en Cerqueda, está ó acecho. Na parte baixa a cousa está que arde. Venceu o colista Outes ó Monte Louro, o Coristanco ó Zas e o Buño en Malpica, o que demostra que os conxuntos que están nesa zona perigosa poden variar dunha xornada a outra. Seis equipos en catro puntos que parece que se repartirán tres ou catro plazas de descenso, según sexan os arrastres. O Xallas empatou contra o final E na 3ª Galicia, o ascenso matemático do Volantes acapara as portadas. O Muros ten que esperar unha semana máis, pois Cabana e Camelle venceron e evitarón que xa tivéramos dous equipos ascendidos. Con Cabana e Camelle coa promoción case asegurada, Laxe, Castriz, Ameixenda, Nantón e Porteño repartiranse as outras dúas. O Castriz derrotou ó Porteño do partido máis destacado deste grupo de equipos.

Comentarios