Venres. 19.04.2024
El tiempo

A xornada: vitorias dedicadas a Bugy

A xornada: vitorias dedicadas a Bugy
Era o protagonista da xornada dende a súa habitación do hospital, e en moitos campos costeiros falouse de Bugy, co desexo soterrado da súa pronta volta á saúde e ó fútbol. Os seus dous ex equipos, Zas e Sofán, venceron pensando en dedicarlle a vitoria ó gardameta. Ambos así o fixeron. O Sp. Zas dedicoulle a vitoria ó seu ex porteiro No encontro da xornada o Baíñas adiantou na clasificación á Esteirana gracias á súa contundencia car a meta contraria. A pesar do seu pinchazo o Mazaricos segue de líder. Na Preferente Norte, outra nova moi destacada: os tres equipos lograron o triunfo por vez primeira na tempada, e acércanse algo máis ós seus obxectivos. O Xallas segue en estado de gracia e venceu no difícil campo do Castro. O Sofán, espoleado polo recordo de Bugy, goleou ó Boimorto, un dos campos máis complicados da liga. E o Dumbría volveu á senda dos triunfos cunha vitoria en Outeiro que pode servir como punto de arranque para chegar ós postos de salvación. En 1ª Galicia, non hai boas novas para San Lorenzo e Baio. Os de Verdillo deron a cara pero perderon ante un rival directo, o Sigüeiro. O Baio segue en plazas de descenso por arrastre ó caer en Agolada ante o líder. O que se sae é o Fisterra, que volveu a vencer, acumula 13 puntos dos últimos 15 e sube ata o 11º posto. O Soneira foi moi superior ó Riveira e goleouno en Vimianzo. A Sd Sofán tamén se acordou de Bugy Na Liga da Costa, emoción a raudales. O líder igualou en Buño, pero a Esteirana non aproveitou o patinazo e cedeu o 2º posto ó Baíñas, que os venceu pos 3.0 no partido da xornada. O Corme pinchou tamén coa revelación Monte Louro. Na zona baixa o colista Outes foi goleado polo Muxía, e o Cee venceu ó Cerqueda para igualar a puntos nos postos de descenso directo ó Coristanco, que igualou sobre a bocina en Ponteceso. Camariñas e Malpica caeron ante Zas e Lira e non poden respirar tranquilos todavía. A 3ª Galicia acércase á súa recta final. Volantes e Muros venceron en dous emocionantes partidos e seguen coa súa carreira hacia o título. De feito a vitoria do Cabana ante o Outes B impediu que o Volantes xa celebrara o ascenso de categoría. O Camelle venceu no partido aplazado ó Castriz pero caeu sábado ante o Castrelo. O Laxe perdeu na Ponte do Porto, e o Corcubión e Castriz igualaron sábado. A promoción está que arde, con ata 8 equipos con opcións. Agora mesmo Cabana, Camelle, Laxe e Ameixenda son os que teñen os postos na man, pero a ver canto lles duran.

Comentarios