Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Amador Vidal compite na neve

Amador Vidal compite na neve
Amador Vidal e Joseno rally de Suecia Amador Vidal e Jose no rally de Suecia Esperemos que non quede atrincado como os coches na AP-6 en pleno temporal. Seguro que Amador Vidal terá menos problemas ca neve de Suecia, onde hoxe arranca unha das probas máis singulares do mundial de rallyes, unha proba que se disputa na súa totalidade por pistas de xeo e neve que percorre pistas de Suecia e Noruega. O vimiancés, xunto co copiloto portugués José Camacho estréanse como equipo na proba máis invernal do mundial de rallyes. Farano cun Mitsubishi Evo X de grupo N, un coche elixido por que lles parecía a elección máis sensata tendo en conta todas as novidades ás que se terán que enfrontar neste rallye. A idea xurdiu do propio José Camacho: o veteran copiloto madeirense tiña a ilusión de disputar esta carreira do Campionato do Mundo de Rallyes tan diferente a calquera das que se disputan por estas latitudes, idea que compartiu con Amador fai xa máis dun ano e que xa empezou a tomar forma o ano pasado cando se desprazaron ao país escandinavo para coñecer a proba e realizar os reconocimeitos dos tramos xa con vistas a participar este ano. “O obxectivo do rally non é nin moito menos facer un posto. Isto é unha experiencia cun amigo e unha aventura. Todo é novo; un copiloto co que nunca competín e co que me entenderei en portugués, nun rally onde é coma se correses polo medio dun tunel branco, sen ningunha referencia e onde non distingues nin os cambios de rasante, sen pilotar nunca en xeo nin con neumáticos de clavos e onde a neve pode ocultar unha trampa no lugar menos sospeitado, imos, unha aventura que estou gozando a tope”

Comentarios