Venres. 29.03.2024
El tiempo

Amargo debut do Bm Camariñas en 1ª Nacional

Amargo debut do Bm Camariñas en 1ª Nacional

Comeza a 1ª División Nacional na que debuta o BM Camariñas Conservas Boya por primeira vez na súa historia. Ademais este curso trataremos tamén os encontros do Calvo Xiria, que tamén compite na mesma categoría do balonmán estatal.

Foi amargo o debut do BM Camariñas. O cadro de Jota Estévez non puido con un dos candidatos ao titulo. Non bastaron a brega e a entrega dos camariñáns ante a superioridade fisica dos de Chapela.
O Calvo Xiria comezou cunha clara vitoria ante o OAR Coruña.

Bm. Camariñas - Chapela Paraxe Construcciones (19 - 27)

  • Balonmán Camariñas: Lalá (p), Víctor (p), Alan (3), Fari (1), Fabián (6), Felipe (1), Pombo (1), Quin (2), Borja (2), Moncho (1), Catalán (1), José Ramón, Xabi, Perón (1).

Bo ambiente no Pabellón Municipal O Areal pata este primeiro encontro de Liga. O Chapela coa bitola de favorito presentouse en Camariñas con todo o seu potencial demostrando que é un serio candidato ao título. O Camariñas pouco tivo que facer ante un equipo superior e que non vai xogar na liga por manterse, senón que vai loitar claramente polo título.
En cambio os árbitros, os irmáns Eiras xa vellos coñecidos da aficción camariñá, notábaselles predisposición nas súas accións, e iso non é bo para o balonmán, mediron con distinta rapadoira as dúas defensas, permitindo moito aos visitantes e moi pouco aos locais.

O partido xogouse con moitos nervios por parte do Camariñas, con moitas perdas de balón e excelentes paradas do porteiro visitante Docampo, que xunto cunha defensa de gran envergadura impediron desplegar o xogo de ataque aos conserveiros.
Destacar polo Camariñas a Víctor e Fabián e polo Chapela a Docampo e Pablo

Cavo Xiria - OAR Coruña (36-25)

  • Calvo Xiria: Calvo Xiria 36 (15+21): Kike [p], Jesús (5), Manu (3), Ramón, Cuco (2), David (4), Dubra (3) - equipo inicial- Iago [p], Pablo (10), Brais, Miguel (2), Sergio (3), Álex Zas (1), Javi Zas (3).

Esta campaña faremos ademais un seguemento do cadro carballés do Calvo Xiria, que tamén compite na 1ª División Estatal.
O primeiro encontro foi un derbi provincial de rivalidade ao O.A.R. Coruña, e os de Carballo lograban vencer con 11 tantos de vantaxe, resultado que os coloca como primeiros líderes da táboa clasificatoria.

O partido non comezaba para os carballeses, que ademais de saír frío, veía como se acentuaban os problemas de baixas do Calvo (non podían disputar este encontro Naya, Álex García, Chimpo e Ángel) coa rigorosa tarxeta vermella a Álex Zas neste primeiro tramo do encontro.

Foi recuperando terreo ata o descanso. Na reanudación, os pupilos de Marcos aproveitaron os primeiros compases para abrir unha brecha de 5 goles, que xa foi insalvable para os coruñeses.

Salientar o debut na 1ª Estatal do xogador xuvenil Miguel e a moi boa afluencia de público no pavillón carballés, ateigado de “xiriareiros” que non deixaron de dar azos aos locais durante todo o encontro.

Vindeira xornada

  • O.A.R. CORUÑA - BM. CAMARIÑAS (sábado 01-10-2011).
  • BM. INZAMAC - CALVO XIRIA (sábado 01-10-2011, ás 18.00 h no Pavillón Manuel Camba).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios