Venres. 29.03.2024
El tiempo

Parte de sancións para a fin de semana

Parte de sancións para a fin de semana
Tras ollar os resultados da curiosa xornada de mércores, na que por certo tamén xogada o Ponteceso e caía 2-1 en Sada; e depois ver as crónicas da 3ª Autonómica, pasamos a analizar os horarios modificados da xornada deste 15 e 16 de outubro de 2011.

Onde van os expulsados?

Precisamente a Federación enviaba unha circular na que informa sobre o procedemento que hai que seguir tras ser expulsado. Unha información moi interesante ao non haber un regulamento específico do problema. A circular indica: "Os que resulten expulsados deberán dirixirse aos vestiarios, sen posibilidadede de presenciar o partido dende a grada". Esta norma só terá unha excepción cos fisios ou médicos, que poderán quedar arredor do campo de xogo por se lles precisa.

Reunión en Santiago

Sorpréndenos ler que este sábado hai unha reunión entre a Federación Galega de Fútbol e as asociacións de clubes de todo o país. Segundo informa futbolgalicia.com asistirán á devandita reunión acodirán as asociacións de Ferrol, Lugo, A Coruña e Santiago. Pero pola Costa da Morte non sabemos nada. Ademais, a reunión vai tocar un tema que atinxe, e moito, aos clubes da bisbarra, e polo nas últimas datas ata se prantexan parar a competición: o recibo arbitral unificado.

Un apunte sobre os resultados reais e os válidos

Recibimos ademais, da man de Luís E. Porto, dende Malpica, un apuntamento sobre a importancia de que os delegados revisen as actas antes de deixar marchar ao colexiado. Non é a primeira vez que o resultado que está na acta non foi o verdadeiro, pero a efectos legais, e a efectos de posibles recontos a final de liga, son os que valen. Dous exemplos teñen ocorrido estas últimas semanas: A pesar de que o resultado do Camariñas-Laxe de xuvenís da xornada 5 foi 6-0, na táboa clasificatoria xa tivemos que poñer 6-1 tal como recolle a acta. Igual ocorre co Cabana-Malpica xuvenil da fin de semana pasada, pese o que o resultado foi 2-5, a acta pon o 2-6 que, nós temos que recoller nas táboas de Resultados e Clasificacións.

Parte de sancións

Chegou o parte de sancións a golpe de venres pola tarde, por mor do festivo do Pilar, segundo informa a Federación. E chegou cunha sangría na Liga Xuvenil Norte, concretamente no Zas, e cun xogador do Dumbría A que vai estar 6 encontros na grada, e algún que outro detalle. Polo visto, a xornada do mércores non atinxe a este parte de sancións polo que en principio, os xogadores que viron o 5º cartón ou foron expulsados este 12 de outubro, non terán que cumpliar sanción esta fin de semana. A Federación desestima as alegacións formuladas polo Lira no encontro ante o At. Pereiriña, por "extemporáneas", xa que segundo informan "a recusación tiña que ser enviadas ao ser comunicada a designación do árbitros aos clubes, non con posterioridade ao encontro. O clube que impugna nin proba non proón proba do coñecimento sobrevido da causa de recusación". Outro apuntamento do parte de sanción: dúas novas actas que non chegaron á Federación, desta volta as do Cee-Eume de 1ª e as do Mazaricos-Cee da Liga Xuvenil Sur. E por certo, que os equipos de Ferrolterra esta pasada fin de semana non disputaron os encontros.

1ª Autómica

  • Rubén Varela (Ponteceso).

2ª Autómica

  • Roberto Lago (Esteirana).
  • Diego Garrido (O Pindo).
  • Jose M. Cives (O Pindo).
  • Anxo Lema (Dumbría B).
  • César Rojo (Zas).
  • Jaime Mata (Zas).
  • Manuel Caamaño (Delegado Muros).
  • Carlos Vidal (Nantón).

3ª Autómica

  • Pedro Suárez Brea (Volantes).

Ligas Xuvenís

Ligar Sur Gr.3

  • RUBEN D PEDREIRA LAGO (DUMBRIA "A" - 6 partidos).
  • JESUS G LEMA TRABADA (FISTERRA ).
  • J DOMINGO FERNANDEZ CAMELA (MUROS).
  • SERGIO PEREZ DOSIL (CORCUBION).

Liga Norte Gr.4

  • BIEITO VILLAR CANOSA (CAMARIÑAS).
  • JORGE SUAREZ NEIRA (CORME).
  • SEVERINO ROJO LOPEZ (Colabor. ZAS).
  • ESTEBAN QUINTANS CANOSA ( ZAS).
  • ADRIAN TORRES BARCA (ZAS).
  • ISMAEL FUENTES ROJO (ZAS).

Sancionados

Preferente

  • Angelo Liñares (Santa Comba).
Apercibidos Preferente: - Iván Pequeño (Dumbría); - Jesús García (Dumbría); - Jorge Colón (Santa Comba).

Partidos con horarios modificados

Saben que o horario oficial neste mes de outubro é o das 16:30h, se ben sempre hai encontros que sofren modificacións horarias. Así, xa actualizamos as táboas de Resultados e clasificacións a golpe de martes, hoxe concretamos os encontros con diferente horario:

Preferente, xornada 8

Xallas 15/10 - 17:00 Soneira
Dumbría 16/10 - 17:00 Gal. Mugardos

2ª Autonómica, xornada 7

Corcubión 15/10 - 16:30 Zas
Camariñas 16/10 - 17:00 Fisterra
Buño 16/10 - 17:00 Mazaricos
Castriz 16/10 - 17:15 Muros
Corme 16/10 - 17:30 Club do Mar
O Corme - O Pindo da xornada 2 disputarase o martes 1-11 ás 16:15h no Cairo. E falta por determinar a data do Nantón-Zas da xornada 5.

3ª Autonómica, xornada 9

Xaviña 15/10 - 17:30 Laxe
Atl. Pereiriña 15/10 - 16:00 Camelle
Cabana 15/10 - 18:00 Lira
Outes 16/10 - 17:00 Alcaián

Modificacións de horarios para toda a tempada

  • O PONTECESO xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS as 19:00h (AGÁS os partidos contra os Clubes: AGRUPACIÓN ESTUDIANTIL e S.D.VILLESTRO que serán na xornada dominical), no campo do Pinguel.
  • O CLUB DEL MAR DE CAIÓN xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS en horario oficial (agás o partido a disputar fronte o CORMEque se fará na xornada dominical) no Campo “A Porta Santa” de Coristanco.
  • O CORCUBIÓN xogará os seus encontros coma locatario os SÁBADOS en horario oficial (agás o partido a disputar fronte o CORME que se fará na xornada dominical) no Campo Municipal “NOVO CUBALEIRO”.
  • O FISTERRA xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS en horario oficial (agás o partido a disputar fronte o CORME que se fará na xornada dominical) no Campo Municipal “ARASOLIS”.
  • O LIRA xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 16:00h (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical) e no Campo Municipal de “LOMBÁNS”.
  • O INDEPENDIENTE CARBALLO xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 18:00h (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical), no Campo Anexo “AS EIROAS”.
  • O CABANA xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 18:00h (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical), no Campo “AS REDONDAS” sito en CABANA DE BERGANTIÑOS. (NO CALENDARIO POR ERRO FIGURABA AS 16:00h.)
  • O OUTES, xogará os seus encontros coma locatario, os DOMINGOS ás 17:00h, no Campo Municipal “DO CONCHIDO” sito en SERRA DE OUTES.
  • O ATLÉTICO PEREIRIÑA xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 16:00h. (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical), no Campo “NOVO RAICES” sito en CEE.
  • O XAVIÑA xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 16:00h (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical), no Campo “HERMANAS PATIÑO” sito en CAMARIÑAS.
  • O LAXE xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 16:00h, (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que se disputará na xornada dominical), no Campo Municipal de LAXE.
  • O CERQUEDA xogará os seus encontros coma locatario neste Campionato, no Campo Municipal de “XAVIÑA” sito en BUÑO.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios