Luns. 03.08.2020
El tiempo

Arrancan as diferentes ligas do tenis de mesa cunha boa representación da Costa da Morte

Arrancan as diferentes ligas do tenis de mesa cunha boa representación da Costa da Morte
ad-zas-tenis-de-mesa-torneo-gondomar Os xogadores e xogadoras do AD Zas Tenis de Mesa participaron en varios torneos de verán nos que acadaron bos resultados A próxima fin de semana arrancan as diferentes ligas de tenis de mesa nas que, en case todas, estará representada a Costa da Morte. En case todas haberá presenza dun dos clubs máis fortes da zona: o AD Zas Tenis de Mesa. Un dos que repite categoría é o AD Zas Ponciano Nieto que continuarán na 2ª división nacional. Volve a esta categoría despoois de descender e posteriormente adquirir a praza que outro equipo deixou libre. A primeira xornada xa é fora da casa, concretamente en Pontevedra para encontrarse co Diario de Pontevedra. Pola súa banda, o equipo do Concello de Mazaricos - que ascendeu á 3ª división nacional - comeza unha nova etapa na que baixo a dirección do seu adestrador Miguel Rey, agardan facer unha boa tempada conscientes da súa dificultade. Debutan nesta primeira xornada o próximo domingo pola mañá en Bembibre contra o AD Dubratambre. Na 1ª división galega continuará unha tempada máis o AD Zas Construcciones Cernadas, que rexeitou o ascenso a 3ª división nacional para ter mellor disposición dos seus xogadores e xogadoas. A primeira cita será este sábado, ás 17:00 horas, no ximnasio do CPI de Zas contra os da Hípica de A Coruña. 2º división galega A Costa da Morte estará representada na 2ª división galega do tenis de mesa con tres equipos: o AD Zas O Pinar, o AD Zas Dimobel Bazar Baio e o VTM Pinturas Figueiras, do club Vimianzo TM. Na primeira cita os dous equipos de Zas enfrentanse entre eles no ximnasio de Zas e o VTM Pinturas Figueiras desprazarase a Santiago para enfrentarse ao Arteal. Tamén comeza o próximo día 30 a liga MalovTM (antigua liga KsasTM) que nun domingo de cada mes e pola tarde xuntará a moitos xogadores de toda a comunidade galega nun formato especial e no que o AD Zas leva conseguindo o subcampionato dúas temporadas seguidas. Para o 30 teñen previsto desprazarse mais de 20 xogadores de Zas e Vimianzo. Os equipos femeninos non empezan polo de agora a competición, que será por concentracións. Nesta categoría haberá un equipo máis en 2ª nacional. Así continuará AD Zas Aluminios Xeal en 1ª nacional e AD Zas , Concello de Mazaricos e o SD A Baña en 2ª nacional.   Durante o verán disputaronse varios torneos nos que xogadores e xogadoras do AD Zas acadaron moitos podios. O último (na imaxe) foi o celebrado en Gondomar onde Edu Quintela quedo subcampión e Ana García e Laura García semifinalistas. Brais Blanco perdeu en cuartos de final.

Fonte

comentarios