Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Arrincan as mixtas LCFs

Arrincan as mixtas LCFs
LCF-Alv_Fisterra_AsBaleas02

Esta fin de semana do 25 de outubro, comeza a rodar a XVIII edición da LCFs Costa da Morte organizada polo Club Deportivo Costa da Morte en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte. Esta competición enmárcase dentro do programa “Xogade”, dirixido a nenos e nenas en idade escolar, e xa temos os calendarios completos en

As categorías nas que se competirá son benxamín (11 equipos), alevín (9 equipos) e infantil (4 equipos). Nesta nova edición hai novas incorporacións: Fisober (feminino), Vila de Cee (feminino), Sporting Zas e CF. Lira.

Así, as ligas serán mixtas, trala petición do Fisober e Vila de Cee para participar na liga con equipos femininos a fin de adquirir experiencia en competición (xa que non hai pola zona máis equipos destas categorías),

A competición desenvolverase con sistema de liga a unha volta. Unha vez rematada esta xogarase unha fase final (semifinais e finais) na que se determinará o gañador da competición en cada unha das categorías. Os campións gañarán praza para xogar a Fase Intercomarcal.

Os días oficiais para disputar os encontros serán os venres pola tarde (Vimianzo A, Muxía, Fisterra, As Baleas, Manuela Rial, Corcubión, Lira, Dumbría, Zas); e sábados pola maña (Olimpia, Vila de Cee, Fisober). De todas formas, sempre que ambos equipos cheguen a acordo poderán variar o día do encontro.

A liga disputarase a unha volta (partido único). Unha vez rematada a liga, os 4 primeiros clasificados de cada categoría xogarán semifinais e finais para determinar os campións, que pasarán a xogar a Fase Intercomarcal. No caso de empate a puntos primará o golaverage xeral.

LCFs en FútboldaCosta.com

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios