Venres. 29.03.2024
El tiempo

Artai e Basket Xiria renovan o convenio que permite a Carballo ter 27 equipos de baloncesto

Artai e Basket Xiria renovan o convenio que permite a Carballo ter 27 equipos de baloncesto
Marcos Diaz Molk e Joaquin Moreira co alcalde de Carballo Marcos Diaz Molk e Joaquin Moreira co alcalde de Carballo

Continúa en marcha o proxecto entre o Club Baloncesto Artai e a Escola Basket Xiria despois de 4 efectivos anos. Son 27 equipos de baloncesto, 369 deportistas de todas as idades, máis de 1.000 socios e 23 postos de traballo a profesionais do deporte, os que ratifican este convenio.

E detrás das cifras hai deporte, hai saúde, e hai un gran fomento non só do deporte de base, se non tamén do feminino. Así o entenden os presidentes de ámbalas dúas entidades, Joaquín Moreira e Marcos Díaz Molk, que foron acompañados na sinatura do convenio polo director deportivo da EBX, Arturo Ferraces.

A familia do Xiria xa prepara o 35 aniversario para o 2019 mentres que o Artai acadou os 15 no 2017.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-xornada-do-baloncesto-costeiro-deixa-homenaxes-e-vitorias-no-norte/

Comentarios