Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As Baleas, Vimianzo e Fisterra son os novos campións das LCFs

As Baleas, Vimianzo e Fisterra son os novos campións das LCFs

O pasado venres xogouse no pavillón de Dumbría a fase final da XVI Liga Comarcal de Fútbol Sala 2012-2013 que organiza o Club Deportivo Costa da Morte. Tras unha intensa Liga, chegaba ás finais os primeiros clasificados de cada un dos grupos en categoría benxamín e alevín. I é que en Infantís foi o equipo camariñán de As Baleas o que se proclamaba campión doúnico grupo.

Foi a gran festa destas LCFs que reunen a todas as pequenas promesas do fútbol costeiro. I é que se viron cousas de auténtica calidade e sobre todo a cita alevín parecía que os xogadores eran verdadeiros profesionais.

Final Benxamín

LCFs-Final benxamin entre C Fisterra e Manuela Rial-Foto- Jorge Parri 2
  • Resultado: C. Fisterra - Manuela Rial (4-2).
  • Goles: Luís Lago, Iván Escariz, Hugo Baldomar e Miguel Boullosa para os fisterráns e Xabi (2) para os ceenses.

O partido estivo dominado en case tódalas fases polo equipo de Fisterra, cun Manuela ben plantado atrás tratando de aproveitar ás contras. Os de Fisterra adiantáronse no marcador e tiveron numerosas ocasións para sentenciar antes do descanso pero perdoaron en exceso.
Tralo descanso o Manuela Rial empatou o partido de penalti ata que mediada a segunda parte o Fisterra volveu coller ventaxa, e pouco despois aumentaba diferenzas co terceiro gol.
Pero o Manuela Rial non se rendeu e a poucos minutos do remate poñía un 3-2 no marcador que lle daba moita emoción ó partido. A partir de aí xogadores do Manuela foron a polo empate embotellando ó Fisterra na súa área ata que nos instantes finais unha contra do Fisterra pechou o partido cun 4-2 definitivo.

LCFs-Final benxamin entre C Fisterra e Manuela Rial-Foto- Jorge Parri 2

Final Alevín

LCFs-Final alevin entre Carnota e Vimianzo-Foto- Jorge Parri
  • Resultado: EMF. Vimianzo - C. Carnota (4-2).
  • Goles: Francisco Moreira (4) para os vimianceses e Brais Fernández (2) para os carnotáns.

Fútbol sala de quilates o que nos deixaron os dous equipos da final alevín nunha final espectacular. Saíu máis enchufado o Concello de Carnota que ó minuto de comezar o partido xa se adiantaba no marcador tras unha fulminante contra ben levada por Martín e Brais que facía o gol. Os xogadores do Concello de Vimianzo trataron de sobrepoñerse levando a iniciativa do xogo pero os de Carnota estaban moi ben colocados atrás e saían moi rápido á contra creando moito perigo. Nunha destas contras o Carnota acadou o 0-2, obra de Brais.
Os de Vimianzo seguían mantendo a posesión do balón pero non atopaban ocos para inquietar ó rival, ata que un pase en profundidade habilita a Adrián que con forte disparo estrela o balón no longueiro. Pouco antes de chegar ó descanso Francisco Moreira reduce distancias tras un forte disparo que bate a Ramón.

Tras o descanso o equipo de Paco cambiou de estratexia e deixoulle o balón ó Carnota para tratar de roubar e saír á contra. E o traballo dou os seus froitos xa que Francisco roubou un balón no medio do campo e encarou ó porteiro para batelo na súa saída. O partido volveuse tolo e en cinco minutos os de Vimianzo acadaron dous goles máis, obra todos eles de Francisco, que poñía o marcador no 4-2 definitivo.
A partir de aí o partido foi un monólogo dos xogadores do EMF Vimianzo que dominaron a pelota e apenas deixaron que o C. Carnota creara algunha ocasión.

Os pupilos de Paco puideron cos de Cambeiro-Foto-Jorge Parri

Entrega de Trofeos

Para rematar procedeuse á entrega de trofeos entre os equipos clasificados nos dous primeiros postos. Os campións comarcais en cada unha das categorías xogarán a fase intercomarcal cos campións da zona de Noia.

O C. Fisterra campión da LCFs benxamín-Foto- Jorge Parri Manuela Rial, subcamión da LCFs benxamín-Foto- Jorge Parri EFM Vimianzo campión da LCFs alevín -Foto- Jorge Parri C Carnota-Foto- Jorge Parri

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Clube Deportivo Costa da Morte da man de Víctor Santos.

Comentarios