Sábado. 07.12.2019
El tiempo

As bravas do AD Aluminios Xeal, fortes nas maratóns

As bravas do AD Aluminios Xeal, fortes nas maratóns
AD Aluminios Xeal a dereita ante Monte Porreiro Cafetería Capri AD Aluminios Xeal, á dereita, foron as únicas que conseguiron bos resultados esta fin de semana

Só o AD Zas Aluminios Xeal e o AD Zas Dimobel Bazar Baio conseguiron gañar esta fin de semana para a a familia do tenis de mesa costeiro. Partidos que, no caso das chicas, chegaron por partida triple na súa maratoniana xornada que disputaron en Cangas, onde empezaron a xogar as 10:00 da maña e remataron as 20:40 da noite. Tan só unha derrota, contra o Cinania Femenino, algo que xa se esperaba xa que conta cunha fichaxe estranxeira.

Por parte do equipo de segunda Galega gañou claramente aos de A Estrada. e sigue no segundo posto da táboa do seu grupo. A pesar de xogar moi ben o AD Zas Ponciano Nieto non foi capaz de traer nada positivo de Narón, pero o bo xogo mostrado da esperanzas para vindeiras xornadas.

Tamén o concello Mazaricos veu de baleiro da súa dobre visita a Lugo de donde esperaba traer alomenos unha vitoria, pero nas ligas nacionais non regalan nada e todos lle dan ben e non se deixar sorprender.

 

1ª División nacional Femenina

  • Resultado: Monte Porreiro Cafetería Capri -AD Zas Aluminios Xeal (3-4)
  • Resultado: Ribadumia TM - AD Zas Aluminios Xeal (0-6)
  • Resultado: Monte Porreiro Promesas - AD Zas Aluminios Xeal (0-6).
  • Resultado: Cinania Femenino - AD Zas Aluminios Xeal (5-1).
  • Moi bos os resultados acadados durante todo o sábado en Cangas con tres vitorias e só unha derrota e esta ante un rival que para gañar as de Zas necesita traer unha fichaxe estranxeira, e as zasences xogaron sen complexos e dando a cara e mostrando que no partido de volta poden forzar o partido de desempate nos dobres. Con todo e como xa se sabía antes de chegar o encontro forte e disputado sería o primeiro contra Monte Porreiro Cafetería Capri, contra as mesmas xogadoras xa fora reñido a temporada pasada, e desta vez necesitouse o partido de dobres donde Ana e Miriam mostraronse moi superiores. Nos outros partidos pouca historia xa que as de AD Zas Aluminios Xeal non se deixaron sorprender.

     

    2ª División Nacional masculina

    • Resultado: San Esteban Cao de Narón - AD Zas Ponciano Nieto 4-2)

    Desta vez xogaron moi ben os soneiráns Edu Quintela e Alex Blanco, e sobre todo Alex Blanco, que debutaba na categoria, pero eso no chegou para superar aos naronenses que son xa moi veteranos nesta categoría. Con esto o AD Zas Ponciano Nieto terao moi difícil para salvar a categoría pero que non sexa escatimando esforzos. Dos partidos resaltar a vitoria de Brais Blanco sobre José Piñeiro e o nivel de loita mostrado por todos.  

    3ª División Nacional masculina

    • Resultado: AD A Milagrosa (Lugo) - Concello Mazaricos (4-2)
    • Resultado: Dez Portas (Lugo) - Concello Mazaricos (4-3).
    <`>Esperaba o Concello de Mazaricos conseguir algo positivo na súa dobre visita, sobre todo ante o A. Milagrosa e que así o deixaba na zona baixa da táboa, pero un problema coa raqueta a Miguel Rey xa desbaratou un partido que debería gañar e os compañeiros perderon a confianza e esto tamén lles mermou de cara o seguinte encontro donde si estiveron a punto, se José Ángel Lado mantivese un ouco de calma e concentración, pero son xovenes e algo dificil que se calmen cando estan as pulsacións tan altas. Estaban facendo unha boa primeira volta pero deben confirmala con novas vitorias.

     

    1ª División Galega

    • Resultado: AD Zas Construcciones Cernadas - Conxo Ponte de Ferro (1-4)

    Pouco poideron facer os de Zas pois as baixas das xogadoras por ter que disputar a súa liga femenina añadiuse a lesión de Raúl e con pouco experimentado Mateo, que ten nivel pero ainda lle falta para superar aos veteranos, solo Luis Azevedo pudo gañar o seu partido. Pero neste grupo o AD Zas Construcciones Cernadas no debe pasar apuros para manterse e conseguirá as vitorias cando xogue co equipo titular ou con Raúl recuperado.

     

    2ª División Galega

    • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - RC A Estrada (4-1)
    • Resultado: AD Zas O Pinar - RC A Estrada (0-4)
    Unha vitoria e unha derrota nos encontros de segunda División Galega, a vitoria sirvelle ao AD Zas Dimobel Bazar Baio par aocntinuar nos postos altos da clasificación e a derrota fai que o AD Zas O Pinar se vexa superado pñolo equipo rival desta ocasión, pero non foi o día para os de O Pinar, que non llle puxeron as ganas que se necesitaban para gañar este tipo de partidos en principio igualados pero que se baixas o ritmo es superado sen remisión.

     

    Vindeira xornada

    Compromisos para o sábado 22 de decembro No ximnasio de Zas 2ª División nacional masculina 17'00 h AD Zas Ponciano NIeto - Club del Mar de A Coruña 3ª División nacional masculina 17'00 h. Concello de Mazaricos - Nautalia Viaxes de Narón 2ª División Galega 16'00 h. AD Zas Dimobel Bazar Baio - Hípica Coruña 18'00 h. AD Zas O Pinar - Hípica Coruña Nas instalacións do Club del Mar de San Amaro (A Coruña) 2ª División Galega 17'00 h. Club del Mar Infantil - VTM Pinturas Figueiras No colexio de San Xoan de Filgueira (Ferrol) 2ª División nacional Femenina Alí desprázanse os equipos de AD Zas Cafeteria Talladas, Concello de Mazaricos e SD A Baña para xogar 4 encontros cada un contra os equipos Club del Mar de A Coruña, Cidade de Narón, TDM Vilalba e San Xoan. Os horarios dos encontros serán: 11'00 h, 12'30, 16'00 e 17'30 horas

    Novas relacionadas

    https://quepasanacosta.gal/edu-quintela-e-miguel-rey-comparten-podio-no-torneo-sub23-de-vilalba/ “O tenis de mesa da Costa da Morte continúa consolidándose en Galicia” — Que pasa na costa “O tenis de mesa costeiro faise forte na casa, en Zas” — Que pasa na costa

Comentarios