Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As cadetes do Volei Dumbría xa sabes gañar

As cadetes do Volei Dumbría xa sabes gañar

Por fin chegou a primeira vitoria do Voleibol Dumbría cadete femenino. E o fixo ante o IES Ames por 0-3 ( 23-25 / 14-25 / 22-25) cando so resta unha xornada para o remate da liga regular. Esta vez o equipo mantivo a concentración durante todo o encontro e puido disfrutar da vitoria.
Iso si, pese a vitoria as dumbriesas seguen últimas e terán que xogar os cruces para manter a categoría.

No resto da xornada, cómpre destacar a vitoria dos cadetes do Voleibol Dumbría ante o IES Ames por 0-3 (18-25 / 13-25 / 19-25) nun partido moi serio que souberon aproveitar a súa superioridade na rede. Con esta vitoria, os dumbrieses teñen que gañar a Boiro este domingo para conseguir o 4º posto na liga galega.

Cerca da vitoria estiveron as infantís do Manuela Rial no seu desprazamento a Ourense pero perderon ante Guillelme Brown por 3-2 (25-16 / 20-25 / 25-18 / 12-25 / 15-13) nun partido moi igualado que se decidiu nos ultimos puntos.

Por ultimo o equipo xuvenil femenino do Voleibol Dumbría perdeu ante CV Pontevedra por 3-0 (25-23 / 25-17 / 25-23) nun partido sen tanta diferencia entre os equipos coma mostra o marcador. Este equipo remata desta maneira a súa tempada co obxectivo cumplido de non descender a expensas dalgún resultado sorpresa, pero coa decepción de poder facer máis en moitos partidos.

Vindeira cita

Este domingo 18 de marzo en Dumbría:

  • Infantil femenino: Manuela Rial- Liceo ás 11:00h.
  • Cadete femenino Voleibol Dumbría- Liceo ás 12:30h.
  • Cadete masculino Voleibol Dumbría-Boiro ás 12:30h.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurtuz Larrañaga.

Comentarios