Venres. 19.04.2024
El tiempo

As carrilanas toman Trasouteiro cunhas amplas medidas de seguridade

As carrilanas toman Trasouteiro cunhas amplas medidas de seguridade
A organizacion cubriu con rodas unha boa parte do circuito de baixada das carrilanas de Trasouteiro A organización cubriu con rodas unha boa parte do circuito de baixada das carrilanas de Trasouteiro As Carrilanas de Trasouteiro - Vimianzo - cumplen este sábado 25 anos de celebración ininterrompida. Son moitas as novidades que acompañan a esta proba que terá lugar mañá sábado. Unha das principais é a organización do evento que recae na A.C. Cherinkas. Ás 17 horas dará comezo a primeira baixada contrarreloxo por un circuito cuberto, en boa parte, con rodas co fin de extremar as medidas de seguridade. Outras das novidades son a celebración de adestramentos libres pola mañá, comida, a cargo da organización, para todos osparticipantes e colaboradores, e un gran despliegue de medios nos puntos de maior concentración de público para que a xente poida seguir de inmediato como está a descorrer a competición e tamén facer seguimento do desenlace do campionato nacional de Liga. Na proba poderán participar todo tipo de carrilanas que non teñan ningún outro medio de propulsión que a súa propia inercia, ou a axuda dos pilotos e que teñan as rodas e o chasis de madeira e o sistema de lubricación das superficies eixe-roda sexa con graxa consistente ou similar. Será obrigatorio o uso de casco integral. Sistema de competición Pola mañá realizarase unha quenda de adestramentos libres opcionais para as escuderias. Xa á tarde realizaranse dúas quendas oficiais, unha primeira clasificatoria de saída individual na que se tomarán os tempos, e unha segunda conxunta que servirá para determinar as posicións do podio. Para todos os participantes inscritos a organización ofrece gratuitamente a comida previa ao comezo da competición oficial. Aqueles que desexen asistir deberá facer previamente a súa inscrición e confirmar a asistencia a comida. Para poder participar os pilotos e copilotos deben ter cumpridos os 18 anos e usar casco integral con suxeición e peto de protección - estilo motocross -. Horarios 11:30-13 horas: Adestramentos libres 13:00-16 horas: Comida para participantes e voluntarios 17 horas: Quenda 1: Clasificación 18 horas: Quenda 2: Carreira 18:30 horas: Entrega Premios Premios Os tres primeiros clasificados das carrilanas homologadas recibirán un trofeo elaborado artesanalmente pola carpintería Loureiro. Tamén se premiará á carrilana con mellor deseño que deberá participar nalgunha das probas oficiais. Máis información: Novas relacionadas Fonte

Comentarios