Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As completamente abertas votacións dos Premios da III Gala do Fútbol da Costa-QPC

As completamente abertas votacións dos Premios da III Gala do Fútbol da Costa-QPC

E precisamente queremos hoxe falar algo dos premios, para que vexades a apertura coa que queremos ir colleitando os datos. Polo de pronto, un grupo de achegados a #QPCDeportes, entre eles Óscar Santos, Jorge Parri, Manuel Varela, Alberto Pose, David Castro, Anxo Garrido, Pablo Varela e Manolo Corredoira, estamos perfilando as opcións para escoller 5 candidatos de cada posto no 11 Ideal. Unha escolleita que, sen embargo, non será determinante para o voto final, pois este será completamente aberto, coa única excepción, que os votantes pertencentes a un club, non poderán votar por membros do seu club.

Case 150 votantes

Así, xa estamos a pleno rendemento, preguntando a un grupo de especialistas do deporte costeiro, como xornalistas, membros da Asociación de Clubs, fieis siareiros… ademais de a 3 membros de cada club. Así, conseguiremos unha auténtica votación verdadeira e aberta.

Estes son algúns dos nomes que votaron para estes premios: Manuel Caamaño, presidente da Asoc. de Clubs; Josiño Mira e Fran Hermida da Cadena Ser; José Ferreiro e Jamardo de La Voz; Xosé Búa de Piratas de Muxía; Manu Trillo e Guillermo Parga de Degolengol (que malia que este ano non puideron seguir de preto o fútbol costeiro si que teñen gañas de participar e votar). E outros especialistas como Luís Porto, Huelvis, o baiés Santi Díaz, dende Louro Edu Olveira, dende Muros Gonzalo Sestayo, Almallo dende Outes, Wash Calvo dende Malpica ou Sara Ramos dende Mazaricos, que sabemos ben que seguiron de preto os partidos a Costa.

Como vedes, unha votación totalmente aberta, unha escolleita entre a xente máis vencellada ao fútbol da Costa, tratanto de ser a máis xusta posible.

Durante a fin de semana, coñeceremos os candidatos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios