Xoves. 09.07.2020
El tiempo

As cores do meu equipo: C.D. Muros

As cores do meu equipo: C.D. Muros
Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na V gala do Fútbol da Costa – QPC. Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.

As cores do meu equipo: C.D. Muros

Camiseta do SD e CD Muros Camiseta celeste do SD Muros, precursos do recentemente recreado CD MurosEscudo e ano de fundacion do CD-SD Muros

Aínda que a día de hoxe o equipo chámase Club Deportivo, hai que remontarse a finais dos anos 70 para coñecer as orixes do club celeste, que entón, e ata hai poucos anos, se denominaba S.D. Muros.

A primeira equipación do equipo xa ilustraba a intención da directiva de resaltar a identidade galega, volvendo ademais ás orixes dun antigo equipo dos anos 40, o Breogán de Muros, que trouxera no seu día unhas camisetas de Vigo. Aquel celeste, en todo caso, ilustraba a bandeira galega e foise afianzando como cor emblema do club.

 

Novas relacionadas

comentarios