Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As cores do meu equipo: Mazaricos C.F.

As cores do meu equipo: Mazaricos C.F.
Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na V gala do Fútbol da Costa – QPC. Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.

As cores do meu equipo: Mazaricos C.F.

Fede Perez coa camiseta primixenia do Mazaricos na Gala do Futbol da Costa 2016-Foto-JP Fede Perez coa camiseta primixenia do Mazaricos na Gala do Futbol da Costa 2016-Foto-JP Escudo e ano fundacion Mazaricos CFEscudo e ano fundacion Mazaricos CF

Foi o patrocinador clave na decisión do famoso amarelo mazaricán. Os Periscal montan a Renault en Mazaricos no mesmo ano no que se funda o club. O amarelo e o azul eran os cores da marca. Mentres, a Directiva buscaba unhas cores que non usara ningún outro equipo da Liga da Costa, e se fixaron na equipación do Cádiz.

Parecía todo rodado, pero houbo un desacordo económico no último momento que fixo á directiva buscar noutra marca. Esta encargou unhas de cor branco, pero ao chegar decatánronse de que se trataba duns polos brancos, cos que non se podía disputar unha Liga. Así que dende o club reformularon a negociación e aceptaron o patrocinio, e as cores corporativas, da Renault. Amarelo e azul que herdaron patrocinadores posteriores como Piensos Dumbría, e que mesmo rematou percorrendo os maratóns de FS da zona co mítico Parrillada Liverpool.

 

Novas relacionadas

Comentarios