Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As cores do meu equipo: S.C.D. Malpica

As cores do meu equipo: S.C.D. Malpica
Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na V gala do Fútbol da Costa – QPC. Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.

As cores do meu equipo: S.C.D. Malpica

Camisetas SCD Malpica Camisetas da SCD Malpica Escudo e ano fundacion SCD Malpica

Segundo se aprobou na primeira reunión da xunta xestora da SCD Malpica, aló polo verán do ano 1971, aprobouse o que se serían as cores do club que, dado de que se trataba dun pobo mariñeiro rodeado de mar por todas partes en forma de península, acordouse que, a vestimente pricipal sería: camisola azul mariño coma a cor do mar e pantalón branco coma escuma que queda cando as ondas rompen nas rochas e medias azúis con volta branca.
A segunda equipación, foi dedicada ao Athléctic de Bilbao, por ser, xunto coa Real Sociedade de San Sebastián, os dous clubes españois que daquela, non tiñan nin quería extranxeiros nas súas ringleiras, e dicir, camisola a raias vermellas e brancas e pantalón negro con medias negras con volta branca.  

Novas relacionadas

Comentarios