Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As cores do meu equipo: U.D. Montelouro

As cores do meu equipo: U.D. Montelouro
Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na V gala do Fútbol da Costa – QPC. Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.

As cores do meu equipo: U.D. Montelouro

Camisetas da UD Montelouro A que leva o Monte Louro de fondo, foi escollida a camiseta máis bonita polo público asistente na Gala do Fútbol da Costa - QPC Escudo e ano fundacion UD Montelouro

Durante a súa etapa non federada o Monte Louro non foi fiel a unhas cores determinadas. Chegou a ter incluso as cores da Selección Española, aínda que o maioritario era o branco pola influencia dos títulos do Madrid nos anos 60 e 70.

Cando se fundou o club de modo federado decidiuse que a equipacion fose branca con partes de azul para evitar as suspicacias cos seguidores blaugranas.

Co paso do tempo as cores do club arraigáronse na institución aínda que dependendo do regalo de patrocinadores tense xogado con outras cores, sendo as lilas unhas das máis chamativas. Unha das máis simbólicas foi a azul con franxas brancas, que mesmo se lembrou no 25 aniversario cunha réplica.

 

Novas relacionadas

Comentarios