Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As Escolas de Verán do CDM Piragüismo Dumbría chegan a Zas, Vimianzo, Ponteceso, Cee e Muxía

As Escolas de Verán do CDM Piragüismo Dumbría chegan a Zas, Vimianzo, Ponteceso, Cee e Muxía

Chega o verán, e chega o momento ideal para que os rapaces de toda a comarca descubran un deporte tan divertido e refrescante coma o Piragüismo de Augas Bravas. Xa se puxeron en marcha as "escolas" , que é como as denominan no CDM Piragüismo Dumbría oficiosamente, nos concellos de Dumbría, Cee e Zas, que son os que aparecen na foto. En agosto xa será o turno para Ponteceso, Vimianzo, e vamos a ver se Muxía.

En total, seran máis de 50 rapaces da comarca fan descubren o piraguismo nas escolas de verán nos concellos de Zas, Vimianzo, Ponteceso, Cee, Muxía e Dumbría.

Do verán a todo o ano

En todo caso a idea de estas escolas non é só a de ofertar unha actividade divertida durante un mes do verán, se non dar a coñecer o clube en toda a comarca, e facer que os rapaces non só descubran unha actividade divertida, se non que sepan que poden seguir facéndoa durante todo o ano porque na comarca hai un clube de primeiro nivel que se dedica a competir nela.

Así, animan a todos aqueles pais que teñan rapaces de máis de 8 anos e que sepan nadar a que non dubiden en porse en contacto cos seus concellos se queren que o seu fillo se inicie neste deporte, ou senón que contacte con CDM Piragüismo Dumbría a traves da páxina de contacto co clube: piraguismodumbria.org.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios