Venres. 29.03.2024
El tiempo

As infantís do ACB xa son campionas intercomarcais

As infantís do ACB xa son campionas intercomarcais

Novo éxito para a familia do ACB Costa da Morte. Esta pasada fin de semana 2 equipos acodían ao Pavillón coruñés da Sardiñeira a Campionato Intercomarcal, e un volveu cun título baixo o brazo. As campionas foron as infantil feminino, mentres que os alevíns non tiveron o seu mellor día perdendo a semifinal contra o Carballo Basket de forma moi clara, quedando finalmente no 4 posto.

As infantís arrasaron

Pero as boas novas chegan por partida doble. As nenas do infantil Ferroatlántica Costa da Morte arrasaron, e dise arrasaron porque gañaron fácil pola mañán contra o equipo de As Torres María Pita (15-36) e pola tarde na final fixeron o mesmo co todo poderoso Basket Coruña nunha demostración de como se xoga e como se compite a un nivel incrible. Venceron 29-24 contra un equipo moi superior fisicamente demostrando unha vez máis porque foron campionas de seu grupo na liga e a súa clasificación para xogar a Fase de Ascenso para a Liga Galega que comenza esta fin de semana.

Unha viaxe en familia

E deixamos aquí unhas imaxes que nos deixa Rafael Quintáns da viaxe en familia da expecidición costeira.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Oso Polar.

Comentarios