Mércores. 09.10.2024
El tiempo

As Junior do Peugeot Dimolk Basket Xiria únense ao Mannequin Challenge

As Junior do Peugeot Dimolk Basket Xiria únense ao Mannequin Challenge

Simpática a iniciativa publicitaria que veñen de realizar as xogadoras Junior do Peugeot Dimolk Basket Xiria. As rapazas níronse onte á última moda en redes sociais, o coñecido como “Mannequin Challenge”, eses vídeos que nacen apenas hai uns meses nos institutos de EEUU e que xa percorren as redes de todo o mundo, no que os protagonistas gravan un vídeo pero fican estáticos como se a imaxe estivese conxelada.

Ao máis puro estilo ‘Harlem Shake’ do 2013, ou o ‘Ice Bucket Challenge’ do 2014, o “Reto do Maniquí” chega a bisbarra dende Carballo.
As xogadoras do Peugeot Dimolk Basket Xiria, fixeron este vídeo en Automóviles Dimolk, o seu patrocinador, aproveitando a presentación do novo SUV Peugeot 3008, que acaba de presentarse a semana pasada.

Aquí podemos ver o resultado do vídeo:<&p>

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios