Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As LCFs celebrarán as semifinais o 14 de febreiro

As LCFs celebrarán as semifinais o 14 de febreiro
Imaxe dos benxamins do Fisterra e da Esteirana-Foto-Jorge Parri

Seguen os cativos tendo un protagonismo especial este curso. Se os Alevíns e Benxamíns de Fútbol 8 Costa Sur conintúan xa na 11ª xornada, se o vindeiro 15 de febreiro arrincan os Grupos Norte de benxamíns e alevíns, e o 22 os PreBenxamíns Este e Oeste, os que xa remataron a primeira fase foron os peques das LCFs, que coordina o Clube Deportivo Costa da Morte.

Chegaron ao seu fin as 6 primeiras xornadas, cos seus 2 grupos en Alevíns e en Benxamíns, e afrontan unha fin de semana de infarto cas Seminais, tras clasificarse os dous primeiros de cada grupo.
Pero debido a que o día 7 de febreiro se vai celebrar o Campionato Intercomarcal de Campo a Través, a directiva do Club Costa da Morte decidiu aprazar as semifinais para o venres 14 de febreiro. Deste xeito, quedan as finais para o venres 21 de febreiro.

A sede para a fase final determinarase despois de coñecer os equipos que a disputarán tratando de ter unha sede neutral.

Os enfrontamentos de semifinais xogaranse nos pavillóns de Ponte do Porto e Camariñas o venres 14 de febreiro. Soin os seguintes:

HoraCategoríaEncontroPavillón
17:30AlevínEFM Vimianzo - C. MuxíaPonte do Porto
18:20BenxamínManuela Rial - C. FisterraPonte do Porto
19:10InfantilEF Corcubión - C. FisterraPonte do Porto
18:00AlevínC. Muxía - As BaleasCamariñas
18:50BenxamínManuela Rial - C. DumbríaCamariñas
19:40AlevínAs Baleas - Manuela RialCamariñas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios