Martes. 07.04.2020
El tiempo

As praias de Soesto e Laxe volveron colocar a Costa no centro do surf galego

As praias de Soesto e Laxe volveron colocar a Costa no centro do surf galego
As duas caras da praia de Soesto co campionato galego de Surf-Foto-Fed Galega Surf

Máis de 200 surfistas encheron esta fin de semana de arte náutica os areais laxenses de Soesto e Traba. O Campeonato Galego Individual e por Equipos Praia de Soesto tivo que tirar das ondas de Traba durante a xornada dominical, pois por Soesto as ondas esgotáronse durante o sábado. Ambas praias foron un escaparate inmelorable para disputar os campionatos galegos en categorías sub-12, sub-14, sub-16 e sub-18 ademais do Open e Máster absoluto.

Un deporte este do surf que segue convertindo a Costa da Morte en zona fetiche para surfistas de todo a península. Non hai que pasearse por Nemiña unha fin de semana calquera, ou ver a atención que colle esta clase de probas en Soesto ou en Malpica, un foco de atención fantástico da zona para o turismo.

O gran protagonista da proba foi o rider coruñés Martín Cortijo, novo campión galego, despois de superar na gran final a Pablo Montero, Miguel Pérez-Moneo e Guille Gómez. Final que xa podemos ver neste vídeo de Guillermo Martín no que saen Pablo Montero, Miguel Pérez-Moneo, Guille Gómez e Martín Cortijo.

Podedes ver tamén o álbum de fotos da proba da organizadora Federación Galega de Surf en Facebook.

Surf en Soesto-Foto-FGSUrf Participantes no Campionato de Surf de Soesto-Foto-FGSurf

Resultados por categorías do Campionato Galego de Surf de Soesto

Surf sub 12 femenino 1. Martina Alvarez 2. Lola Bermudez de Castro 3. Pilar Martinez 4. Uxia Misa Surf sub 12 masculino 1. Guillermo Diez 2. Enrique Conde 3. Alejo Ferreira 4. Pedro Suarez Surf sub 14 femenino 1. Carla Mosquera 2. Marta Diaz 3. Carla Fernandez 4. Lara Perez Surf sub 14 masculino 1. Guillermo Novalvos 2. Andres Miranda 3. Pablo Gorgojo 4. Miguel Rey Singuer Surf sub 16 masculino 1. Pedro Palmou 2. Alvaro Frojan 3. Leonardo Zambrano 4. Fran Da Silva Surf Sub 16 femenino 1. Carla Mosquera 2. Monica Pintos 3. Cristina Perez 4. Sabela Valcarcel Surf Sub 18 masculino 1. Martin Cortijo 2. Juan Fernandez 3. Leo Zambrano 4. Manuel Fernandez Surf Sub 18 femenino 1. Cris Iglesias 2. Isa Gundin 3. Alba Lloves 4. Monica Pintos Surf open masculino 1. Martin Cortijo 2. Miguel Perez Moneo 3. Guillermo Gomez 4. Pablo Montero Surf Open femenino 1. Isa Gundin 2. Alba Rodriguez 3. Paula Paz 4. Katarina Hauser Surf Master: 1. Derick Rey 2. Ramon Varela 3. Oscar Prieto 4. Nacho Ansin BodyBoard Sub 16 masculino: 1. Carlos Megino 2. Juan Sande 3. Bruno Martin 4. Alfono Uceda BodyBoard Sub 18 masculino: 1. Bruno Martin 2. Lois Lopez 3. Carlo Megino 4. Andres Santander BodyBoard Open Masculino: 1. Keko Vilan 2. Ivan Taboada 3. Luis Ansins 4. Brais Gonzalez LongBoard Open Femenino: 1.Paula Vilan 2. Rocio Peral 3. Elena Tapias 4. Sara Pereira LongBoard Open Masculino: 1. Coque Araujo 2. Patrick Vilan 3. Adrian Seoane 4. Daniel Lamarca LongBoard Master Masculino: 1. Nacho Ansin 2. Jesus Irisarri 3. Pedro Novalbos 4. Pablo Suarez PaddleBoard Open Masculino: 1. Jose Dieguez 2. Coque Araujo 3. Victor Lorenzo 4. Julia Perez del Rio Resultado final de la competición de clubs: 1. Prado Surf Club 2. Patos Surf Club 3. The Camp doniños Moitas

Novas relacionadas

Máis novas

Outras novas

Fonte

rf en Soesto no video de Martin

comentarios