Xoves. 14.11.2019
El tiempo

As Seleccións Sub12 e Sub15 da Costa levarán o premio á Abdoulaye ao Fútbol Base da Gala QPC

As Seleccións Sub12 e Sub15 da Costa levarán o premio á Abdoulaye ao Fútbol Base da Gala QPC
Seleccions da Costa Imaxe das Selección Sub 15 e Sub 12 da Costa A aposta da RFGF, e da súa delegación costeira, polas Seleccións da Costa de fútbol base, é a iniciativa escollida polo equipo QPC para recibir o Premio Especial Abdoulaye ao fútbol base 2017/2018. Un premio que se entregará este venres 22 de xuño, en Santa Comba, durante a celebración da V Gala do Fútbol da Costa - QPC. A “Amarela” será protagonista, e o auditorio espera recibir a todos os participantes dos combinados ao longo desta tempada para sacar unha fermosa foto de familia. Unha foto que contará coa presencia do delegado da RFGF e un dos grandes promotores desta iniciativa, Manuel Corredoira, e do presidente da RFGF, Rafael Louzán, fundamental no impulso federativo que está recibindo o noso fútbol nos últimos anos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios