sábado. 15.02.2025
El tiempo

Atasco na operación saída

Atasco na operación saída
  • A ponte constitucional deixa se cadra máis apretada unha Liga da Costa onde volveron pinchar os dous de cabeza.
Imaxe do derbi Baio-Sofán-Foto-SD Imaxe do derbi Baio-Sofan-Foto-SD

Temen e moito os adestradores as xornadas de longas pontes e grandes festividades polo medio, por iso da relaxación e as perdas de puntos que un lembra a final de tempada. Non foi esta unha semana de grandes novas ou badaladas, polo menos no que á Liga da Costa se refire.

Iso si, os grandes dominadores ata o de agora, Ponteceso e Sporting Zas. Os pontecesáns deixaron novamente unha imaxe de ser terranais e non pasaron da igualada nas súas visitas ao Ameixenda, mentres o Zas esperará ao martes para medirse a un Baíñas cun vello coñecido no banco como Corredoira. San Lorenzo e Fisterra, entre outros, aproveitaron para engancharse novamente á zona alta. Ambos tiveron unha pracentera tarde ante dous equipos do Sur, un Carnota con problemas serios en tódalas liñas, e unha Esteirana imprevisible e bipolar. Do resto, o Cerqueda evidenciou que se lle dan mellor os grandes, o Volantes volveu perder, pero cunha imaxe fortalecida, e o Coristanco, que caeu co Porteño, deixou ben clariño que os choques directos non son o seu.

A mellor nova da xornada, sobre todo por pouco agardada, deixouna a igualada matinal do Xallas, ata hai pouco colista, no campo dun Atlético Arteixo líder e que cheira a Terceira División. Aguantaron marabillosamente os verdiños, nun campo moi parecido ao seu e ante un rival ao que lle gusta xogar. Menos permiviso foi o Arzúa, rival e verdugo dun Dumbría que apareceu demasiado tarde sobre O Conco, pero que aínda así tivo opcións para puntuar.

Non acaba de collerlle o punto neste último mes o todavía líder de Primeira Autonómica, un Soneira que sacou un dificilísimo punto do campo do Unión de Asados, terceiro. Máis problemática é a situación do Malpica, que non se quita de enriba a losa dos nove goles encaixados ante o Tordoia e que esta vez cedeu cun Palmeira que é claraente inferior. No derbi, o Baio volveu gustar, esta vez para arañarlle un punto ao Sofán. E o do Outes, unha semana máis, é para quedar boquiaberto. Son xa cinco as victorias seguidas dos de Roque.

Histórico foi o repaso que levou o líder Corcubión en Louro, ante un cadro muradán que se reivindicou como candidatísimo a todo. Aproveitou a situación o Laxe, sen problemas en Lira. Tampouco no derbi fallou o Muxía co Camelle.

Cal e area no fútbol base, cun Xuvenil de Liga Gallega do Dumbría novamente vitorioso, tras un pequeno bache, e un Cadete de División de Honra con problemas de gol (nove en trece encontros), e que vive o seu peor momento do curso.

 

Preferente Norte, xornada 15

 

Primeira Autonómica, xornada 13

Segunda Autonómica, xornada 13

Terceira Autonómica, xornada 11

 

Xuvenil - Liga Galega, xornada 13

Dumbría05/12 - 16:30Vilalbés

Cadete - División de Honra, xornada 13

Dumbría05/12 - 12:00Coruxo
 

Xuvenil - Grupo Sur, xornada 14

 

Xuvenil - Grupo Norte, xornada 14

 

Primeira Cadete, xornada 12

Primeira Infantil, xornada 12

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 9

BenxamínCosta Sur F8, xornada 9

 

Veteranos, 1ª División, xornada 11

Veteranos, 2ª División, xornada 11

 

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Máis información

Fonte

Comentarios