Luns. 30.03.2020
El tiempo

Avalancha de torneos: Fútbol Base en Cabana, Fútbol praia en Louro e F7 en Carnota

Avalancha de torneos: Fútbol Base en Cabana, Fútbol praia en Louro e F7 en Carnota

Chega o verán e os torneos son os protagonistas. Mentres seguimos pendente do Campionato de Barrios de Esteiro, e esperemos pola cita co F7 de Outes, imos ata Cabana, cos máis pequenos, a Carnota tamén a golpe de F7, e a Louro, con fútbol praia.

IV Torneo de Fútbol Base de Cabana

Esta fin de semana de 23 e 24 de xuño, o campo das Redondas acolle un completo torneo de fútbol base, demostrando por que Cabana é unha potencia na materia. Xogarán 30 equipos das categorías benxamín e alevín.

Torneo de Fútbol Praia en Louro

A ACD A Eiroa de Louro (Muros) está a organizar un campeonato de fútbol praia o próximo 7 e 8 de xullo.

  • Teléfono de inscrición: 628 033 599
  • Prezo de inscrición: 70€
  • Data límite: Venres 6 xullo 20:00h.

II Campionato de Fútbol 7 de O Patín de Carnota

A ACDR O Patín está a organizar outro ano o II Campionato de Fútbol 7, que terá lugar os 14 e 15 de xullo no Campo de Lombáns.
Xa poden inscribirse ata o 12 de xullo.

Torneos en marcha

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios