Mércores. 23.10.2019
El tiempo

Axenda da última fin de semana do curso no Fútbol da Costa

Axenda da última fin de semana do curso no Fútbol da Costa

Última fin de semana do curso no Fútbol da Costa. Pero vén cargada de emocións.

O venres 26 temos a II Gala do Fútbol da Costa-QPC na Casa da Cultura de Cee. Unha noite con 27 premios, moitas risas e emotividade ca homenaxe que queremos renderlle a Álex Pombo.

Ademais teremos citas co Fútbol base en Dumbría e Cabana.

A Gran Festa do Fútbol da Costa

Pero ademais, teremos a final da Copa da Costa, a gran Festa do Fútbol da Costa. O Platas Reinoso de Baio acollerá esta finalísima entre Corme e XSC, dous equipazos que chegan, cansos, pero nun bo estado de forma. Hai baixas importantes como a de Alejo para o cadro cormelán, mentres Doro, adestrador e alma do equipo, xa disputou os seus primeiros minutos despois dunha longa lesión ante o Seaia polo que pode que salte ao campo a intentar gañar un título máis.

Paralelamente, o evento social é de gran calado. A pasarela de xogadores, de adestradores, das mozas dos protagonistas, dos familiares... O Platas Reinoso será un gran evento social.

Nós faremos un amplo seguemento, e faremos o carrusel en directo a través do Facebook do Fútbol da Costa, a través do twitter @quepasanacosta e dende www.copadacosta.com.

Final para o Dumbría

Oportunidade de ouro para o Dumbría. Despois do empate a 0 da ida, o equipo de Leis e Lobelos ten todo de cara para prantarse o ano que vén na Liga Galega Xuvenil, e completar así unha case inmellorable campaña, cos títulos de Liga regular, liga dos campións, e Copa da Costa, e tras perder só 2 partidos durante o ano.

O Bertamiráns será un rival duro, pero o equipo dumbriés ten que ser o favorito.

Gran festa solidaria dos Veteranos

O campo de Verdillo acolle este domingo ás 11:00h da mañá a Final da Copa da Costa dos Veteranos. O Ponteceso quere dar a sorpresa ante un Coristanco que non quere que lle pase como na Liga, e quere rematar o ano alomenos cun título.

Ademais, antes do partido haberá un enfrontamento entre un combinado de 1ª contra un de 2ª, e todo o recadado será para apoiar a José Mato.


Gran Final da Copa da Costa

Final da Copa da Costa 2015

Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, volta da final

0-0Bertamiráns - DumbríaSábado 28 ás 20:00h

Final da Copa da Costa dos Veteranos

Final da Copa da Costa de Veteranos 2015

Torneo Base en Cabana

E como non, chega a cita Cabanesa co Fútbol Base. Este sábado 27 e domingo 28 de xuño os pequenos invadirán o campo das Redondas. 14 equipos en benxamíns e 16 en alevíns dan conta do traballo do club cabanés, un dos nominados como mellor equipo de fútbol base na Gala QPC.

TOrneo Futbol Base Cabana 2015 1 TOrneo Futbol Base Cabana 2015 1

Memorial Andújar

Memorial Andujar en Dumbria 2015

O vindeiro sábado 27, no 5º Memorial Manuel Andújar, Torneo de Fútbol 8 cos equipos Benxamin e Alevin do CF Dumbría, Galicia de Caranza, Olímpico de Rutis, SD Fisterra, Muxía CF, Outes CF, UC Cee e SD Negreira.
E despois partido decisivo polo ascenso dos xuvenís á Liga Galega Xuvenil entre Dumbría e Bertamiráns.


FS en Santa Comba

Maraton de FS en Santa Comba 2015 Por Santa Comba están armando un bo Maratón de Fútbol Sala, con máis de 3.000 € en premios. Os 27 e 28 de xuño, o pavillón de Fontenla acollerá este espectáculo. Podes inscribir ao teu equipo por 120€, na Taberna do Meu Compadre, antes do 25 de xuño ás 22:00h, ou nos teléfonos 617 641 873 ou 686 248 444.

Novas da Gala

Crónicas da semana

Torneos de verán

Máis información

Fonte

Comentarios