Xoves. 24.09.2020
El tiempo

Axenda deportiva da primeira fin de semana de xuño

Axenda deportiva da primeira fin de semana de xuño
Primeira fin de semana de xuño e quedan poucos partidos en competición no #futboldacosta, pero tamén con btt, fútbol sala, futbol 7 e exhibición. E tras votar polo teuoncedacosta (xa van case 20.000 votacións...), repasamos a previa futboleira. E dúas grandes frontes en liza no que ao fútbol atinxe, como é a Fase de Ascenso á 2ª Autonómica, que a pasada semana non acababa O Cerqueda-Volantes era suspendido no min.65 por un botellazo, e teremos que esperar ata a noite deste venres para coñecer ao acompañante do Montelouro na Liga da Costa. A eliminatoria está que ferve, con 2-0 para un Cerqueda que pode darlle a volta ao 5-2 da ida. Ademais teremos unhas semifinais de Copa da Costa case inmellorables. O domingo ás 18:00h haberá sesión copeira de calidade, cun Corme-Dumbría e un derbi xalleiro espectacular, que ademais arrecendo a comunión. E tamén se disputarán as Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e, finalmente, a Infantil. En Xuvenís, Baio e Malpica teráno complicado para pasar tralo resultado da ida. Os cadetes do Santa Comba tampouco o terán fácil, se ben o Dumbría é o único dos 4 se encarrilou a primeira eliminatoria das dúas necesarias para ascender. Ademais, o Dumbría Infantil comeza a Fase, e visitará o campo de Aguiño o domingo pola mañá.

Copa da Costa, Ida das Semis

Dom. 18:00 Corme - Dumbría --
Dom. 18:00 Xallas - Santa Comba --

Promoción de Ascenso á 1ª Autonómica

03-06 - 18:00 Malpica - Lamela --

Promoción de Ascenso á 1ª Autonómica

5-2 Volantes - Cerqueda 1-3
2-0 Montelouro - Cabana 1-3
* Tras disputarse os 25 minutos que quedaban trala suspensión do partido a semana pasada co 2-0 no marcador para o Cerqueda, o Volantes pasa a ronda e será equipo da liga da Costa.

Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Cuartos

Fase de Ascenso á Liga Galega

Ollo, que ambos terán que superar dúas eliminatorias para ascender. Estes son os cuadros que terán que superar (as segundas eliminatorias serán 10 e 17 de xuño): Xuvenil:
5-0 San Marcos - Baio 02-06 - 18:00
- Imperátor - O Val -
- Unión - Burela -
0-3 Malpica - Lalín 02-06 - 17:00
Cadete:
- Ordes - Caranza -
0-1 Santa Comba - Negreira 02-06 - 17:00
- Estrada - Foz -
0-2 Cordeiro - Dumbría 02-06 - 11:30
Infantil:
03-06 - 11:30 Xuventú Aguiño - Dumbría 09-06

Fútbol Sala

O Fisober C. Vimianzo xa esta nas ½ finales de Copa Autonómica, e xogarán o o sábado ás 20:00 h no Pavillón Municipal Municipal de Santa Isabel en Santiago ante o Funeraria Apostol santiagués. Os enfrontamentos en Liga saldaronse con duas axustadas vitorias das vimiancesas por 2-1 en Vimianzo e 3-4 en Santiago polo que esperan sacar un resultado positivo para afrontar o partido de volta dentro de 10 dias en Vimianzo.

Campionato de Barrios de Esteiro

  • Sábado ás 18:30 h. Canchester - Tal.
  • Domingo 3.ás 18:30 h. Praias de Raimundes - Abelleira.

Exhibición en Cee

Este domingo 3 de xuño, celebramos a Exhibición Arte e Movemento 2012, no pavillon polideportivo de Cee. Esta é a 11ª edición, e rompemos coas cifras dos outros anos, xa que nesta edición participan 350 deportistas, con idades comprendidas entre os 3 e os 55 anos.

BTT en Zas

O domingo 3 de xuño de 2012 a cita coa BTT será en Zas. Organizada polo Concello de Zas, coa colaboración da Asociación Veciñal Barolo e Club Ciclista KebraKostas, a Saída e chegada será no Polideportivo Municipal de Zas.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

comentarios