Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Axenda deportiva da última fin de semana do 2012

Axenda deportiva da última fin de semana do 2012
Soneira B-Camelle-Foto- Jorge Parri

Última fin de semana do 2012 e o fútbol modesto xoga o completo a pesar de que o fútbol profesional necesite adiantar a xornada para ter máis vacacións... Pero en fin, centrémonos nas nosas Ligas da Costa, que nesta fin de semana terán dous derbis sabatinos como protagonistas.

Na Preferente, Fontela acollerá un XSC-Soneira importante máis para os locais, unha vez que precisan os 3 puntos para seguir na loita, mentres que o Soneira vai pechar, si ou si, o ano nunha cómoda posición. Mentres o Dumbría terá unha complicada saída a Monforte pero quere pechar este bo ano cun bo sabor de boca.

O outro derbi chega na , e será en Ara Solis o sábado. O Fisterra, tras un empurrón nas últimas xornadas, recibe a un Malpica que só lle leva 4 puntos polo que unha vitoria deixaría aos de Juan Jesús pegados aos de Baña no medio da táboa. Ademais, o Ponteceso, moi necesitado, terá unha proba de lume e non pode perdoar ante o pechacancelas, o Flavia. Mentres o Camariñas, o terá máis difícil coa visita do Arzúa, 5º na táboa.

Na haberá dous partidazos que non se poden perder. O Baio recibe o sábado ao Corme, nunha ocasión para os azuis de coller por fin o tren do ascenso. Pero ademais, o domingo, o líder, a Esteirana, recibe a un Sofán que non pode deixar escapar máis aos de arriba.

En non haberá enfrontamentos directos pero os de arriba non queren perder corda e manter o pulso.

Nas Ligas Xuvenís toca a penúltima xornada (vaia calendario que deixa a última xornada de Liga descolgada en xaneiro...) e pode que todo quede perfilado ao final de ano. No sur, o Cee mirará o partido matutino en Ara Solis pois só lle vale unha derrota fisterrá ante o Dumbría, e non fallar pola tarde ante a Esteirana, para meterse entre os 3 primeiros. Polo Norte, case que con todo xa mascado, o Baio pode recortar ao Malpica pero parecen insuficientes para superalo na 3ª praza.

Preferente, xornada 18

Xallas StComba 22/12 - 16:00 Soneira S.D.
C. Lemos 23/12 - 16:00 C.F. Dumbría

1ª Autonómica, xornada 17

S.D. Fisterra 22/12 - 16:00 S.C.D. Malpica
Ponteceso S.D. 23/12 - 16:00 Flavia S.D.
Camariñas F.C. 23/12 - 16:30 CSD Arzúa

2ª Autonómica, xornada 17

U.D. Corcubión 22/12 - 16:00 Volantes F.C.
C.D. Baio 22/12 - 16:00 Corme C.F.
Mazaricos C.F. 22/12 - 16:00 U.D. Montelouro
U.C. Cee 23/12 - 16:00 S.D. Castriz
S.D.San Lorenzo 23/12 - 16:00 Outes C.F.
Dumbría C.F. B 23/12 - 16:00 U.D. Carnota
S.D. Esteirana 23/12 - 16:00 S.D. Sofán
Muros S.D. 23/12 - 16:00 Sp. Zas
Buño S.D. 23/12 - 17:00 Cabana S.D.

3ª Autonómica, xornada 17

S.D. Ameixenda 22/12 - 16:00 C.D. Nantón
C.F. Castrelo 22/12 - 16:15 Soneira S.D. B
Indep. Carballo 22/12 - 17:00 S.D. Alcaián
C.D. Baíñas 23/12 - 16:00 Porteño C.F.
Lira C.F. 23/12 - 16:00 S.D. Laxe
S.D. Fisterra B 23/12 - 16:00 Xaviña F.C.
Muxía 23/12 - 16:00 U.D. Cerqueda
S.D. Coristanco 23/12 - 16:15 Camelle S.D.
  • Descansa Corcoesto.
  • Coristanco-Camelle alteran a orde polo estado do Rodeiro.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 17

S.D. Fisterra 22/12 - 12:00 C.F. Dumbría
Mazaricos C.F. 22/12 - 12:00 Soneira S.D.
Outes C.F. 22/12 - 16:00 U.D. Corcubión
Muros S.D. 22/12 - 16:00 Xallas StComba
U.C. Cee 22/12 - 18:00 S.D. Esteirana

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 17

Corme C.F. 22/12 - 11:30 Cabana S.D.
Ponteceso S.D. 22/12 - 16:00 Muxía C.F.
S.D. Laxe 22/12 - 16:00 Camariñas F.C.
Sp. Zas 22/12 - 16:00 S.D. Coristanco
C.D. Baio 22/12 - 18:15 S.C.D. Malpica

Liga Galega Cadete, xornada 16

Liga Galega Infantil, xornada 17

Montañeros B 22/12 - 12:00 Bergantiños C.F
R.C.Deportivo B 22/12 - 18:30 C.F. Dumbría
C.F. Dumbría 22/12 - 11:00 Orillamar S.D.
Bergantiños C.F. 22/12 - 12:00 C.D. Foz

1ª Cadete, xornada 9

Muxía C.F. 22/12 - 10:30 Xallas StComba
S.D. Coristanco 22/12 - 10:30 Cabana S.D.
S.D. Esteirana 22/12 - 10:30 E.F. Concello de Carnota
Outes C.F. 22/12 - 11:30 Porteño C.F.
Muros S.D. 22/12 - 12:00 Ponteceso S.D.
U.C. Cee 22/12 - 12:00 C.D. Baio
Sp. Zas 23/12 - 10:00 S.D. Fisterra

1ª Infantil, xornada 13

  • Descansa Fisterra.

Ligas de Veteranos, xornada 15

1ª División

Xallas StComba 21/12 - 18:30 (Aprz) E.D. Os Miudos
Soneira 23/12 - 10:00 Bergantiños
Castriz 23/12 - 11:00 Baio
Coristanco 23/12 - 11:00 Zas
San Román 23/12 - 12:00 Nantón
Xv. Bergantiños 23/12 - 11:00 Ponteceso
Bértoa 23/12 - 11:00 Corcubión Vet.
San Lorenzo 23/12 - 11:00 Camariñas
Cabana 23/12 - 11:00 Vimianzo

2ª División

Sofán 23/12 - 10:00 Poniente
Agualada 23/12 - 11:00 Laxe
Cerqueda 23/12 - 11:00 Muros
Corcoesto 23/12 - 11:00 Corme C.F.
Porteño 22/12 - 16:30 At. Milagrosa
Camelle 23/12 - 11:00 Buño
Dep. Carballo 23/12 - 11:00 Leiloio
  • Descansa Malpica.

Fútbol Sala

Este sábado rematara un ano histórico para o Fisober FSF. O equipo de Nacional despedirá o 2013 contra o 6º clasificado, o Ordizia KE que avantaxa as da Costa en tres puntos.

- 2ª División:
- Fisober FSF - Ordizia (Guipuzcoa): Sábado 17:00h no Pavillón de Vimianzo.

Liga Provincial:
- Ponteceso - Fisober B: Sábado ás 17:00h no Pavillón de Ponteceso.
- Esteirana - Viaxes Amarelle F.S.: sábado 22/12/2012 ás 20:00 no Pabellon Jose Lago.


Xadrez

Esta fin de semana terá lugar o 5º Torneo do Circuito de Xadrez, o sábado ás 16:00h en Camariñas.


Volei

Este sabado 22 comenza a segunda volta cunha viaxe a Monforte:
- 11:30h – Infantil femenino: Pinguela – Manuela Rial.
- 13:00h – Cadete femenino: Pinguela – Voleibol Dumbría.


Balonmán

1ª Autonómica Masculina: O 12 de xaneiro comeza a fase polo Título de Primeira división Autonómica de Balonmán.
- 1ª Estatal: Logo de romper ante o Lavadores unha racha particular negativa que xa ía por dúas tempadas, lle queda ao Calvo iniciar a segunda volta o vindeiro sábado, tamén no vila de Noia ás 18:00, ante o Cangas nun importantísimo partido xa que logo virá un prolongado parón motivado polo Campionato do Mundo de Balonmán que se celebra en España e que fará que os carballeses non compitan máis ata o 2 de febreiro.


Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Máis novas

Fonte

Comentarios