Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Axenda deportiva e previa do #futboldacosta para a fin de semana

Axenda deportiva e previa do #futboldacosta para a fin de semana

Fin de semana completa de deporte na Costa da Morte, con moito fútbol pero tamén balonmán, baloncesto, fútbol sala e mesmo xadrez.
E non sen antes recordar o parte de sancións e protesta pública pola situación das ambulancias, repasamos a Previa da xornada no #futboldacosta. Unha xornada, a antepenúltima para o groso da competición ligueira, que será doble, pois se varios equipos xogarán dous partidos na fin de semana por mor da Copa, o festivo do martes 1 de maio hai xornada completa dos Dezaseisavos da Copa da Costa 2012.

Comezamos o repaso pola Preferente, que ten o sábado un partidazo entre Dumbría e Xallas, dous equipos que aínda teñen que certificar a súa permanencia. Ademais, o Santa Comba poderá botarlles unha man vencendo ao Santiago, e o Soneira pode escalar se vence ao Chantada.
En , o Ponteceso tamén necesita sumar pero recibirá a todo un Noia, 4º na táboa; mentres que o Cee terá que seguir coa súa penitencia en padrón.

A Liga da Costa comeza cun vital Nantón-Sofán, que pode ser o último vagón da permanencia para os cabaneses. O seu máximo rival por evitar o descenso, o Zas, recibe a un Fisterra en forma, que busca volver á 3ª praza. Nesa loita, o Corme visitará o Pino do Val e o ao Malpica tócalle o sempre complicado Miraflores. Máis arriba, o Club do Mar poderá cantar defintivamente o alirón se gaña, ou se consegue o mesmo resultado que o Camaruñas, que terá que visitar o campo de San Pedro de Castriz.

A, terá un tremendo Montelouro-Coristanco, co pase á Liguilla de ascenso en xogo, cos loureáns 7º, a 3 dos coristanqueses. Ademais, o Cerqueda terá que superar a un Laxe que de vencer aínda ten posibilidades. Esperará resultados o Volantes, que ten xornada de descanso, que aproveitará para rendirlle unha homenaxe á súa envexable afección cunha festa a golpe de sábado .

A falta de 2 xornadas, ademais desta, tamén para que remate a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, 4 equipos seguen buscando as dúas primeiras prazas. Desta volta non haberá enfrontamentos directos entre eles.
E ollo ca volta dos cuartos da Copa.

E tamén remata a Liga de Veteranos, xa con todo decidido. Pero ollo que xa pensan na Copa. De feito, o sorteo da COpa da Costa de Veteranos será o principal punto da orde do día na Asemblea de Socios que celebrarán hoxe venres 27 de abril ás 21:30h no Salón de Actos do Local da 3ª Idade de Neaño (fronte a Bar Paris), en Cabana.

Preferente, xornada 34

Dumbría 28/04 - 17:00 Xallas
Santa Comba 29/04 - 17:30 S.de Compostela
Chantada 29/04 - 18:00 Soneira

1ª Autonómica, xornada 32

Ponteceso 29/04 - 17:00 Noia
Flavia 29/04 - 17:30 Cee

2ª Autonómica, xornada 32

Nantón 28/04 - 17:00 Sofán
Dumbría B 29/04 - 17:00 Esteirana
Zas 29/04 - 17:00 Fisterra
Muros 29/04 - 17:00 Malpica
San Lorenzo 29/04 - 17:00 Club do Mar
Mazaricos 29/04 - 17:00 Corme
Corcubión 29/04 - 17:00 Baio
O Pindo 29/04 - 17:00 Buño
Castriz 29/04 - 17:30 Camariñas

2ª Autonómica, xornada 36

Indep. Carballo 28/04 - 17:30 Lira
Alcaián 28/04 - 17:30 Xaviña
Fisterra B 29/04 - 17:00 Camelle
Soneira B 29/04 - 17:00 Carnota
Cerqueda 29/04 - 17:00 Laxe
Porteño 29/04 - 17:00 Cabana
Outes 29/04 - 17:00 Muxía
Corcoesto 29/04 - 17:00 Atl. Pereiriña
Montelouro 29/04 - 17:00 Coristanco

Copa da Costa, volta da previa

0-1Mazaricos - San Lorenzo--
1-1Esteirana - Baio19:00
1-2Outes - Camariñas--
4-0Fisterra - Montelouro--

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 12

Camariñas 27/04 - 19:00 Dumbría B
Baio 27/04 - 20:30 Soneira
Cee 28/04 - 17:00 Santa Comba
Corcubión 28/04 - 17:00 Malpica

Copa da Costa Xuvenil, Volta dos Cuartos

4-0Mazaricos - Fisterra17:00
1-2Dumbría A - Cabana18:00
0-3Coristanco - Ponteceso17:00
0-1Corme - Zas16:00

2ª Cadete, xornada 32

Zas 28/04 - 10:30 Ponteceso
Camariñas 28/04 - 10:30 Fisterra
Outes 28/04 - 10:30 Esteirana
Muros 28/04 - 10:30 Dumbría
Soneira 28/04 - 10:30 Baio
Malpica 28/04 - 16:00 Muxía
Cabana 28/04 - 16:00 Porteño
Cee 28/04 - 17:00 Coristanco

2ª Infantil, xornada 32

Dumbría 28/04 - 11:00 Fisterra
Cee 28/04 - 16:30 E.M.F. Vimianzo
As Baleas 29/04 - 10:30 Coristanco
Baio 29/04 - 10:30 Cabana
Os Miudos 29/04 - 10:30 Ponteceso
Muxía 29/04 - 10:30 Outes
Corme 01/05 - 11:30 Esteirana

Ligas de Veteranos, xornada 30 (horarios por confirmar)

1ª División

Bértoa 29/04 - 10:00 San Román
Zas 29/04 - 11:00 Buño
Ponteceso 29/04 - 11:00 Nantón
San Lorenzo 29/04 - 10:00 Cabana
Corcubión 29/04 - 11:00 Xv. Bergantiños
Bergantiños 29/04 - 12:00 Vimianzo
Baio 29/04 - 12:00 Castriz

2ª División

Camelle 29/04 - 11:00 Muros
Soneira 29/04 - 11:00 Agualada
Cerqueda 29/04 - 11:00 Sofán
Club do Mar29/04 - 12:00 Leiloio
Coristanco 29/04 - 11:00 Malpica
Porteño 29/04 - 11:00 Corme
Corcoesto 29/04 - 11:00 Dep. Carballo

Campionato estatal de balonmán

Esta fin de semana (27, 28 e 29 de abril) Carballo será unha festa do deportes. Cunha xuntanza de PequeBasquet e co espectacular sector do Campionato de España en categoría Xuvenil, en Carballo, cos 4 mellores equipos do noroeste español, entre os que está, por suposto, o Ifecgas Pereira, cadro xuvenil do Xiria.

A Esteirana Cadete segue polo ascenso

O cadro cadete da Esteirana-Perruquería Koletas xoga este domingo 29 a ida da Semifinal do Campionato Provincial Cadete, ás 12:00h no Pavillón X. Lago ante o Ex Alcohólicos da Coruña.

Festa deportiva en Aspadex

O sábado 28 de abril a Asociación ASPADEX, de Cee, organiza unha xornada de atletismo para a que solicitamos a máxima difusión no seu medio de comunicación.Informámoslles de que o vindeiro sábado, día 28 de abril, a Asociación ASPADEX de Cée, organizará a II Xornada da Liga Provincial Interclubes para persoas con discapacidade intelectual da Coruña, na modalidade de Atletismo.
A actividade desenvolverase no estadio municipal “San Paio de Refoxo” de Cée, dende as 10:30h ata as 14:00h, e conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Deportes de Cee e Begano-Cocacola.

Xadrez no Touriñán

Hoxe remata o prazo para inscribirse no 1º Torneo Concello de Muxía, que organiza o Clube de Xadrez Cabo Touriñán. E de momento xan van uns 150 participantes. Entre eles se atopan varios campións e subcampións galegos que representarán a Galicia no campionato de España e un xogador do Club Alfil de Gijón que representará a Asturias.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios